máis
Novas

Olalla Rodil: "Galiza é a novena potencia europea en producción de madeira, precisamos xerar máis riqueza e valor engadido a través do peche de ciclos productivos"

A candidata do BNG participou hoxe en dous encontros con representantes do sector forestal, onde presentou as propostas do BNG "para beneficiar o sector e mellorar as condicións de traballo das máis de 20.000 persoas que se adican á madeira"

Rodil: "O forestal é un sector estratéxico para o presente e o futuro do noso país e de Lugo, onde se realizan a metade das cortas de toda Galiza, temos que cambiar o modelo e transformar nós a madeira"

A cabeza de lista do BNG por Lugo asegurou "que o día 18 vaise decidir o futuro de Galiza, o apoio ao BNG garante  superar os 15 anos dun PP que non apostou polos nosos sectores productivos"

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo: "Lugo está a converterse nunha das capitais de provincia con máis actividade cultural estendida durante todo o ano"

O Alcalde en Funcións amosou o seu compromiso coa celebración de eventos culturais para todos os públicos nos distintos espazos dispoñibles na cidade de Lugo

 

Este sábado acudiu ao Auditorio Gustavo Freire, que acolleu a Gala Solidaria con Palestina, con actuacións de Uxía Lambona e A Banda Molona, Paco Nogueiras ou o Mago Teto

Ler novas
Novas

Máis de 300 nenas e nenos participaron nos distintos obradoiros postos en marcha pola tenencia de alcaldía no mes de decembro

Rubén Arroxo fixo un balance "moi positivo" da iniciativa que achegou ás nenas e nenos a instalacións como o MIHL, o Vello Cárcere ou o Mercado Municipal

 

Arroxo: "Démos unha alternativa para que as familias puideran conciliar, especialmente durante as vacacións de Nadal, traballando coas nenas e nenos na aprendizaxe de linguas, na reciclaxe ou na historia da cidade"

Ler novas