“o
Novas

O BNG reúnese con veciñas e veciños de Santa Comba, que reclaman maior control da calidade do aire e a medición diaria das partículas contaminantes


Olalla Rodil e Rubén Arroxo mantiveron un encontro onde recolleron as reclamacións da veciñanza ante unha contaminación do aire produce graves molestias na saúde

Olalla Rodil anunciou que o BNG trasladará ao Parlamento de Galiza a necesidade dun maior control das emisións contaminantes na planta de Tableros Hispanos

Ler novas
Novas

O BNG presenta máis de 700 alegacións ao proxecto que a multinacional Altri pretende implantar en Palas de Rei


A deputada do BNG, Montserrat Valcárcel, xunto con concelleiras e concelleiros do BNG en Lugo, e representantes de Galiza Nova e Erguer. Estudantes da Galiza, presentaron esta tarde as alegacións recollidas na comarca de Lugo

Montserrat Valcárcel: "Altri será unha gran bomba ambiental para Galiza, unha macrocelulosa que afectará negativamente aos postos de traballo da Ulloa e freará o desenvolvemento agrario de Galiza"

Ler novas
Novas

O BNG leva ao Parlamento Galego a crítica situación da sanidade pública na Fonsagrada

A deputada no Parlamento Galego, Olalla Rodil presentou unha serie de iniciativas ante a situación que se esta a vivir nos concellos de Negueira de Muñiz e A Fonsagrada, que esta privando á veciñanza dunha sanidade digna

 

"Os centros de saúde de Negueira de Muñiz e da Fonsagrada viven nestes momentos unha situación de caos debido a decisión da Xunta de Galiza de non cubrir vacantes" denunciou a deputada do BNG

Ler novas
Novas

O BNG de Guitiriz recolleu alegacións ao proxecto de Altri na feira de Parga

Mónica Roca, portavoz do BNG, afirmou que "a veciñanza de todo o país está a deixar claro que rexeita un proxecto nocivo para o medio ambiente"


O BNG reclama á Xunta o desenvolvemento dunha alternativa para a dinamización socioeconómica da Ulloa, a Terra de Melide e o Alto Ulla, co obxectivo de fomentar actividades sustentábeis que xeren emprego e que fixen e atraian poboación

Ler novas
Novas

O BNG recolle máis de 300 alegacións ao proxecto de Altri na mesa informativa colocada hoxe no centro de Lugo

Rubén Arroxo, portavoz do BNG, afirmou que "a veciñanza de Lugo está a deixar claro que rexeita un proxecto nocivo para o medio ambiente"

Arroxo: "Estamos diante dunha actividade industrial nin sostible nin moito menos circular, terá uns fortísimos impactos no territorio e no ambiente"

O BNG reclama á Xunta o desenvolvemento dunha alternativa para a dinamización socioeconómica da Ulloa, a Terra de Melide e o Alto Ulla, co obxectivo de fomentar actividades sustentábeis que xeren emprego e que fixen e atraian poboación

Ler novas