parlamento
Novas

O BNG solicita a convocatoria urxente da Deputación Permanente do Parlamento de Galiza en relación ao proceso de ALCOA

"Desde o BNG solicitamos a convocatoria urxente da Deputación Permanente para que a Xunta de Galiza dea explicacións das medidas que vai adoptar para garantir o mantemento dos postos de traballo e da actividade industrial na factoría de San Cibrao", explicou Olalla Rodil

Olalla Rodil: "A Xunta de Galiza ten que liderar unha resposta diante dos incumprimentos de Alcoa, que non está a realizar os investimentos compromentidos nin tampouco reactivando as cubas e si está lanzando ameazas de peche"

Ler novas
Novas

O BNG denuncia no Parlamento Galego a escaseza de prazas nas escolas infantís de Vilalba

O BNG esixe á Xunta a adecuación das prazas das escolas infantís á demanda existente no concello de Vilalba para rematar coas listaxes de agarda que imposibilitan a conciliación familiar.

"Non podemos permitir que nun concello capital de comarca non se teñan prazas suficientes para que as familias poidan conciliar e teñan que deixar ás súas crianzas en concellos limítrofes" suliñou Carmen Aira

Ler novas