rúa
Novas

Remata a segunda fase da peonalización da rúa Isaac Díaz Pardo completando unha parte importante da renovación de Recatelo

Rubén Arroxo: "Completamos a zona de paseo entre o centro e o Parque de Rosalía, seguiremos a mellorar a contorna coa renovación do muro de Aquilino Iglesias Alvariño"

A Tenencia de Alcaldía investiu 102.767€ nunha actuación que completa os traballos feitos no pasado mandato nas rúas Avelino Pousa Antelo, Vila de Sarria e na primeira parte de Isaac Díaz Pardo

Ler novas
Novas
IMG_0020 (2)

A Tenencia de Alcaldía avanza na renovación da rede de alumeado público cunha nova intervención na zona da rúa Dinán

Estanse a renovar das luminarias ubicadas nas rúas Hermanitas, Río Neira, Cidade de Vigo, Pedro González López, Dinán e Praza de Bretaña, o que supón un investimento de 192.740,90€

Alexandre Penas: "seguimos traballando para que a totalidade da rede de alumeado público de Lugo sexa eficiente, reducindo o gasto en consumo eléctrico do concello"

Ler novas