O BNG preguntará pola situación na que se atopa o desdobramento da Duquesa de Lugo
No ano 2016 había 650.000 € para desdobramento e humanización da av. Duquesas de Lugo, coa creación dun carril bici e beirarrúas
No ano 2016 había 650.000 € para desdobramento e humanización da av. Duquesas de Lugo, coa creación dun carril bici e beirarrúas
“Fai un ano a alcaldesa de Lugo e o presidente da Deputación anunciaron o inminente comezo das obras e un ano despois non se fixo nada” dixo Arroxo
Arroxo afirmou “desconfiamos que neste caso, como no da zona pública de baño, o goberno non esté facendo as xestións necesarias e oportunas coa Xunta”
Para o BNG “este é un exemplo de que con vontade política e traballo concreto podería mellorarse considerablemente a imaxe da cidade e a calidade de vida”
“En 2 anos e medio nin alternativa á ORA, nin modificación das prazas dos soterrados, nin `Leira Parking´, nin disuasorios, pero si moito fume e propaganda” Rubén Arroxo
Lugo, 7 de decembro de 2017. O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, rexistrou unhas serie de preguntas para a comisión municipal de cara a pedir explicacións pola “incapacidade que amosa o goberno municipal para dar solución aos problemas de mobilidade e de tráfico”. En canto a isto para o portavoz municipal do BNG “o goberno local non foi quen aínda de darlle solución á proposta estrela deste PSOE nada máis entrar, hai 2 anos e medio, como foi retirar o sistema ORA” dende a organización nacionalista cuestionan que a comisión de municipalización deste servizo só se convocase para constituírse e de iso xa pasaron 2 anos. Dende o BNG lembran a súa proposta dun servizo alternativo que sexa público e gratuíto, pero que garanta que haxa sitios onde estacionar nos puntos de máis servizos da cidade, dado que a día de hoxe resulta practicamente imposible.
O propio concelleiro tamén fixo fincapé na pouca preocupación da alcaldesa por sacar adiante os aparcadoiros disuasorios “dende o BNG fixémoslle xa hai 2 anos unha proposta para utilizar diferentes terreos abandonados na cidade como aparcadoiros, no seu día o goberno aceptouna e incluso lle asignou unha partida económica, pero entramos na época de nadal, que é cando máis problemas hai de estacionamento de vehículos e seguimos sen ver absolutamente nada”. Ao igual que existía partida económica para os xa prometidos por Orozco “Leira Parkings” do HULA e dos que aínda non hai nin a primeira pedra. Nesta mesma liña dende o grupo nacionalista lembran tamén que están paralizadas as negociacións prometidas para modificar as prazas dos aparcadoiros soterrados co fin de que collan os vehículos actuais. “en 2 anos e medio nin alternativa á ORA, nin modificación das prazas dos aparcadoiros soterrados, nin “Leira Parking”, nin aparcadoiros disuasorios, pero si moito fume e propaganda”
Finalmente dende o BNG volveron denunciar o pouco respecto do goberno municipal aos acordos plenarios, “incluso os sinxelos de executar e que eles mesmos votan a favor” como foi co caso da proposición presentada polo grupo nacionalista e aprobada por unanimidade o 28 de setembro para que en menos de 15 días se convocase a todos os grupos para expoñer o modelo de novas liñas de buses que debería estar funcionando dende xuño. Malia todo isto dende o goberno municipal non só non puxeron a funcionar o novo modelo, senón que tampouco convocaron aos grupos municipais. Cuestión a do transporte público que preocupa aos nacionalistas, dado que entenden que “é imposible reducir o número de vehículos privados nas nosas rúas se non se crea un transporte público eficiente”, afirmando tamén que ao non ter tomado ningunha medida en canto comece a chover volveranse producir grandes atascos.
Para o BNG-AA “a Xunta fai deixación de funcións” nunha zona que precisa de intervencións urbanistas, patrimoniais e de tipo social