“A alcaldesa terá que explicar que non se presentaran os informes de impacto ambiental" dixo Arroxo

“A alcaldesa terá que explicar que non se presentaran os informes de impacto ambiental" dixo Arroxo

IMG_7193Rubén Arroxo dixo que “cada vez está máis claro que nin PP, nin PSOE, teñen vontade que Lugo conte con zona pública de baño”

O BNG-AA presentará unha pregunta formal para saber por que o Concello non presentou, no seu momento, o informe de impacto ambiental para a zona pública de baño

Lugo, 3 de agosto 2016. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o grupo que representa presentará unha pregunta formal dirixida á alcaldesa para que esta explique “as razón polas que, no seu momento, o concello non presentou o informe de impacto ambiental que foi requerido dende a Confederación Hidrográfica”. Arroxo engadiu que “naquel momento, quen hoxe ostenta a alcaldía, tamén tiña un cargo de responsabilidade na Deputación de Lugo e saberá por que a Deputación tampouco remitiou este informe tal e como lle foi requerido”.

Para Rubén Arroxo “vistas as última declaracións da alcadesa relativas a este asunto, queda claro que o goberno municipal non ten intención de asumir nin executar un proxecto tan necesario para Lugo como é a zona pública de baño” e engadiu que “algún día os lucenses teremos que saber cales son intereses que antepoñen PSOE e PP para non querer que o río sexa de todas as persoas que vivimos en Lugo”.

“O BNG realizou en menos de 10 días trámites que o Concello e a Deputación non foron capaces de realizar en 7 anos” remarcou Arroxo e engadiu “parece que esto é o que de verdade molesta por que pon de manifesto a incapacidade ou inoperatividade de quen agora nos chama popolistas”. Arroxo advertiu que “O BNG vai seguir adiante e levará ás últimas consecuencias este asunto para destapar os verdadeiros intereses de quen goberna en Lugo”.

Arroxo rexistrou, en nome do BNG-AA, unha solicitude o 20 de xullo que foi respostada pola Confederación o 26 do mesmo mes e o día 1 de agosto Rubén Arroxo entregou a documentación requirida. Arroxo lembrou como nin a Deputación nin no concello deron resposta, no seu momento, aos requirimentos emitidos pola Confederación Hidrográfica o que provocou a paralización do expedente no que se tramitaban os permisos para a creación da zona pública de baño na zona de As Saamasas.

“A alcaldesa terá que explicar que non se presentaran os informes de impacto ambiental" dixo Arroxo