O BNG -AA reclamará que se habilite unha partida para adaptar o pavimento das beirarrúas

O BNG -AA reclamará que se habilite unha partida para adaptar o pavimento das beirarrúas

IMG_2860 Rubén Arroxo sinalou que “para as persoas que utilizan as cadeiras de rodas é un verdadeiro suplicio transitar por algunhas zonas pola vibración”

Os nacionalistas lembraron a súa solicitude para que se libere de vehículos a Ronda da Muralla na celebración do aniversario da declaración de Patrimonio da Humanidade

Lugo, 19 de novembro de 2015. O BNG – Asembleas Abertas presentará unha proposta para que se inclua nos orzamentos municipais do ano 2016 unha partida para a adaptación do pavimento das beirarúas. Rubén Arroxo explicou que “neste momento hai determinadas beirarrúas que manteñen un tipo de pavimento que provocan fortes vibracións ás persoas que transitan en cadeiras de rodas”. Arroxo sinalou que “xa en diversas zonas da cidade se foron substituíndo este tipo de pavimentos por outros que garanten igualmente unha boa adherencia para evitar resbalóns e non provocan vibracións nos aparatos de rodas”.

IMG_2868O voceiro nacionalista no concello de Lugo puxo como exemplo a rúa de Lamas de Prado na que, en ámbalas dúas beirarrúas, permanece un tipo de chán que provoca importantes vibracións para as persoas que van en cadeiras de rodas. “Tamén habería que aproveitar as obras de substitución do pavimento para facer e mellorar os rebaixes necesarios para garantir a mobilidade nas rúas nas que se actúe” engadiu Arroxo.

Para os nacionalistas “trátase dun pequeno investimento que facilitará a mobilidade e independencia para as persoas que se desprazan por rúas como Lamas de Prado e haberá que estudar cales son outras rúas nas que existe unha maior necesidade para actuar neste senso”. Os avances en materia de accesibilidade neste concello foron grandes pero non se pode descuidar o avance continúo nesta materia “sobre todo en determinados barrios periféricos da cidade”.

Ronda sen coches para o 30 de novembro

Arroxo criticou a falta de planificación para celebrar o XV aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade, o vindeiro 30 de novembro E lembrou que xa no mes de setembro o BNG – Asembleas Abertas propuxo pechar a Ronda ao tráfico de vehículos a motor. Rubén Arroxo sinalou que é unha oportunidade excepcional para demostrar, unha vez máis, que Lugo non precisa ter a muralla rodeada por vehículos de xeito continuo e apostou por avanzar en liberar á muralla do tráfico de vehículos a motor. Rubén Arroxo afirmou que “con este xesto o goberno municipal ten a oportunidade de amosar o seu compromiso co avance na humanización efectiva da cidade” e engadiu que “non se debería perder esta oportunidade para comprobar, unha vez máis, como é posible que a ronda da Muralla sen converta nun espazo para as persoas”.

O BNG -AA reclamará que se habilite unha partida para adaptar o pavimento das beirarrúas