O BNG esíxelle á Xunta que recupere a escaleira de Paradai e que estude a posibilidade dun ascensor

O BNG esíxelle á Xunta que recupere a escaleira de Paradai e que estude a posibilidade dun ascensor

 “Non se poden planificar as cidades mirando só as grandes obras e esquecerse das pequenas cousas que fan servizo á xente” dixo Arroxo

Lugo, 23 de agosto de 2016. O portavoz do BNG - Asembleas Abertas, Rubén Arroxo, esixiulle á Xunta de Galiza que recupere a escaleira que une a avenida Duquesa de Lugo coa Calzada das Gándaras e que foi retirada coas obras do Plan Paradai. Segundo informa o edil, esta é unha reclamación da veciñanza da zona que vive na parte baixa da Calzada das Gándaras, dado que agora se atopan con que teñen que dar un rodeo para ir camiñando ao centro, explicando que isto é un dos resultados de acometer actuación pensando só no tráfico rodado “Non se poden planificar as cidades mirando só as grandes obras e esquecerse das pequenas cousas que fan servizo á xente” dixo Arroxo. Neste sentido o propio concelleiro nacionalista apostou por esta medida coma unha forma de “seguir mellorando a comunicación coa parte da cidade que está no outro lado da vía do ferrocarril”.

BNG. Paradai1 BNG.Paradai.2

Dende o grupo nacionalista aproveitaron esta solicitude para afondar máis nos accesos dende esa zona de Lugo e pediron que se estude tamén poder contar a medio prazo cun ascensor que salve esa altura “estamos a falar de que hai un muro duns 25 metros de altura, e a existencia dun ascensor melloraría moito a comunicación para persoas maiores, con mobilidade reducida, cadeiras de rodas ou carros de bebe”. En relación con isto o propio portavoz nacionalista informou que presentaran unha iniciativa ao goberno co fin de que inicie os contactos coa Xunta de Galiza de cara a que se poida contemplar a instalación do elevador dentro das partidas que aínda quedan por incluír para poder rematar o Plan Paradai.

O BNG esíxelle á Xunta que recupere a escaleira de Paradai e que estude a posibilidade dun ascensor