O BNG reclama no congreso dos deputados o arranxo da fonte desaparecida coas obras da A-54

O BNG reclama no congreso dos deputados o arranxo da fonte desaparecida coas obras da A-54

IMG_2002 No mes de xullo o propio Ministerio de Fomento anunciou que repoñería este manantial situado nas inmediacións dunha coñecida discoteca

Esta fonte, pola calidade da súa auga,  abastecía a moitas persoas

Lugo, 1 de outubro, 2015. O BNG trasladou, despois de recibir queixas dalgúns veciños da zona, unha serie de cuestións ao Ministerio de Fomento para que dea explicacións sobre a desaparición desta fonte situada na intersección da estrada de Friol coa estrada de Santiago. O manantial desapareceu coas obras do enlace da A-54 coa N-540.

Dende o BNG lamentaron que non se arranxen estas desfeitas antes de que a ministra de turno veña a inaugurar as obras e que se deixe a veciñas e veciños sen un manancial do que viñan disfrutando dende fai moitos anos. Trátase dunha obra que apenas debe ter custo económico e que representaba un importante benefecio para toda a xente que acudía a abastecerse alí de auga.

IMG_1994Foi o propio Ministerio de Fomento o que no mes de xullo asegurou que afrontaría as obras para a recuperación desta fonte (http://elprogreso.galiciae.com/noticia/416745/fomento-repondra-una-fuente-que-dano-con-54) pero a día de hoxe segue sen votar auga. O BNG reclama información para saber cando se vai a repoñer o manantial e cal foi o motivo polo cal non se recuperou o caudal de auga existente.

O BNG reclama no congreso dos deputados o arranxo da fonte desaparecida coas obras da A-54