Maite F. solicitará unha xuntanza co responsable do catastro para trasladar as queixas veciñais

Maite F. solicitará unha xuntanza co responsable do catastro para trasladar as queixas veciñais

IMG_6139Tras manter diversas xuntanzas en parroquias de Lugo e concellos da comarca o BNG ven de detectar numerosos problemas derivados da actualización de datos  catastrais

A edil do BNG-AA sinalou que “a xente está indefensa, desinformada e dende a oficina do Catastro non se da resposta a axeitada a un cambio que afecta a moitas economías”

Lugo, 5 de maio 2016. O BNG está a organizar xuntanzas e diversas parroquias do concello de Lugo e en concellos da comarca para facilitar información sobre as repercusións que está a ter a regularización catastral que está IMG_6148a levar a cabo o Ministerio de Facenda Español. Maite Ferreiro, que participou na xuntanza con veciños e veciñas de San Mamede dos Anxos (Lugo), sinalou que “a xente está indefensa, desinformada e dende a oficina do Catastro non se da resposta a axeitada a un cambio que afecta a moitas economías”.

Ante a pasividade da administración do estado que “parece que solo está pensando en como quitarlle os cartos ás persoas que viven honradamente do seu traballo” segundo dixo Maite Ferreiro. A revisión catastral supón un incremento da carga impositiva para as familias que se suma ás subidas xeneralizadas nos impostos que pagamos a maioría - IRPF, IVA, IBI, …Para o BNG “a revisión do Catastro foi utilizada polo goberno do PP en Madrid para recadar dos veciños e veciñas de cada municipio os cartos que o Goberno do Estado deixou de entregarlles aos concellos nos últimos anos”.

Maite Ferreiro lembrou que o BNG ten presentando iniciativas no Congreso e no Parlamento galego para que se paralizase este “catastrazo”. Ademais o BNG reclama que se establezan bonificacións na cota para edificacións vinculadas á actividade agraria e para as persoas que non teñan recursos suficientes. O BNG tamén está facendo, a través das súas iniciativas e da presión veciñal, que nos concellos a revisión do valor dos inmóbeis no Catastro se efectúe tendo en conta o seu valor real e partindo da súa función económica.

Na participación nos tributos do Estado (PIE), os concellos galegos levan anos discriminados. Neste 2016, a media por habitante que van recibir os concellos galegos vai ser de 209 € ( 50 € menos da media do Estado), mentres os de Madrid recibirán 350 €, os de Cataluña 314 € ou os de Aragón 290 €. Con este sistema inxusto de reparto, nos últimos 13 anos, os concellos galegos no seu conxunto, recibiron 1.512 millóns de euros menos do que lles correspondería.

Maite F. solicitará unha xuntanza co responsable do catastro para trasladar as queixas veciñais