O voceiro do BNG – Asembleas Abertas pasa esta semana nun campo de refuxiados en Pireo (Grecia)

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas pasa esta semana nun campo de refuxiados en Pireo (Grecia)

IMG-20160410-WA0007 Rubén Arroxo informou que a intención do goberno grego é baleirar os campos siutados nos portos e “neste momento están a separar aos refuxiados por nacionalidades e envíanos a campos controlados polo exército”

“O voluntariado autoorganizámonos todos os días unha xuntanza ás 23:00 horas e a nosa presenza é unha garantía para as persoas refuxiadas” explicou Arroxo

Lugo, 11 de abril 2011. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas, Rubén Arroxo, pasará toda esta semana na localidade grega de Pireo aportando o seu traballo como voluntario para axudar ás persoas refuxiadas que chegaron ata alí dende Siria escapando da guerra que sufre este país. Rubén Arroxo sinalou que o Rubén Arroxo informou que a intención do goberno grego é baleirar os campos siutados nos portos e “neste momento están a separar aos refuxiados por nacionalidades e envíanos a campos controlados polo exército”.

“Para o goberno de Grecía é un problema que os cruceiros que chegan cargados de turistas se atopen coa realidade dos refuxiados e por iso están a sacalos dos portos” explicou Arroxo. As familias de refuxiados teñen as necesidades practicamente cubertas pola axuda do goberno e o traballo do voluntariado pero “o seu futuro é moi incerto por que cando saen daquín nin siquera saben para onde os levan”.. Entre as persoas refuxiadas hainas de orixe Kurda, Afgana e Siria.

IMG-20160411-WA0012Un dos maiores riscos, neste momento, é o aumento da temperatura ambiental. Dadas as deficientes condicións hixienicas poderiase xenerar un problema de saude e aparecer diferentes enfermidades. Aínda que o subministro de alimentos, mantas, auga e demais cousas de primeira necesidade está garantido tanto a limpeza como a hixiene é bastante deficiente.

“O voluntariado autoorganizámonos todos os días unha xuntanza ás 23:00 horas e a nosa presenza é unha garantía para as persoas refuxiadas” explicou Arroxo. No campo de refuxiados de Pireo, no que está a traballar o concelleiro do BNG – Asembleas Abertas, hai tamén persoas voluntarias de USA, Alemaña, Suecia, Xapón, Euskadi e de España que se turnan en quendas de día e noite para atender o campamento durante as 24 horas.

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas pasa esta semana nun campo de refuxiados en Pireo (Grecia)