O 30 DE AGOSTO COLOCARANSE VALLAS NO RECINTO, PECHÁNDOSE PARA O COMEZO DAS OBRAS

O 2 de setembro comezará o arranxo do firme do leiraparking do HULA

As obras teñen un prazo de realización previsto de 3 semanas

O 2 de setembro comezará o arranxo do firme do leiraparking do HULA

 

Lugo, 23 de xullo de 2019.  O Alcalde en funcións, Rubén Arroxo, anunciou que o arranxo do firme do leiraparking do HULA comezará o luns 2 de setembro. Segundo Arroxo, as actuación consistirá na colocación “dunha capa de zahorra sen finos de 10cm, que permitirá a drenaxe de auga evitando que se formen as fochancas e lameiras”. Ademais, delimitarase a zona de paso da de estacionamento usando zahorras de diferentes cores, para evitar así que se formen atascos por vehículos mal estacionados.

 

Segundo Rubén Arroxo, “o ideal sería asfaltar, pero a día de hoxe, debido a que este terreo está afectado polo 5% do plan xeral sen aprobar, non é posíbel”. Arroxo indicou que “na obra anterior utilizouse un material cunha granulometría demasiado fina, o que, xunto a que o final das obras coincidiu co inicio da época de choiva, fixo que se formaran as fochancas e lameiras”.

 

Esta actuación vén sendo unha reclamación das persoas usuarias do leiraparking. A partir do día 30 de agosto colocaranse as vallas para realizar o peche do recinto de cara ao comezo das obras que teñen un prazo de realización previsto de 3 semanas.

 

O 2 de setembro comezará o arranxo do firme do leiraparking do HULA