350 persoas recibiron un libro do Fondo Bibliográfico Municipal polo día do libro

Maite Ferreiro: “queremos fomentar a lectura entre as veciñas e veciños de Lugo”

A edil de Cultura agradeceu ás veciñas e veciños de Lugo a boa acollida que tivo esta iniciativa

350 persoas recibiron un libro do Fondo Bibliográfico Municipal polo día do libro

Lugo, 23 de abril de 2021. 350 persoas se achegaron ao concello esta mañá para recibir un dos libros que agasallou a concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua polo día do libro. A concelleira Maite Ferreiro agradeceu á veciñanza a boa acollida que tivo esta iniciativa, e explicou que “temos como obxectivo fomentar a lectura entre as veciñas e veciños de Lugo” .

A edil de Cultura lembrou que “o ano pasado quixemos destacar a importancia da literatura durante o confinamento cunha iniciativa na que recompilamos as obras preferidas da veciñanza”, e explicou que “este ano, queremos que toda a veciñanza de Lugo coñeza o fondo literario co que contamos no Concello, facilitando que todas as persoas teñan a posibilidade de ter un libro ao seu carón”.´

350 persoas recibiron un libro do Fondo Bibliográfico Municipal polo día do libro