Alexandre Penas: “o aparcadoiro municipal do HULA aforra ás veciñas e veciños máis de 600.000€ anuais”

Os edís nas inmediacións do aparcadoiro

O concelleiro de Infraestruturas destacou as distintas actuacións realizadas no aparcadoiro desde o inicio do mandato no 2019

“Queremos facilitar que toda a veciñanza poida aparcar de xeito gratuíto preto do hospital”, afirmou Alexandre Penas

Alexandre Penas: “o aparcadoiro municipal do HULA aforra ás veciñas e veciños máis de 600.000€ anuais”

Lugo, 24 de marzo de 2021. O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, deu conta do aforro que supón, anualmente, o aparcadoiro municipal do HULA. Penas explicou que “o espazo de aparcamento gratuíto habilitado polo Concello supón un aforro para as veciñas e veciños de máis de 600.000€ anuais, calculando a cantidade de vehículos que esta infraestrutura pode acoller durante cada xornada”.

O aparcadoiro municipal do HULA ten unha extensión de 5.020 metros cadrados, o que se traduce en 360 prazas de estacionamento. Calculando unha ocupación media de 7 horas diarias en cada praza, o aparcadoiro acolle, cada día, 2.520 horas de estacionamento gratuíto, un total de 604.800 horas nos 240 días hábiles do ano, o que supón 604.800€ de aforro, calculando a hora de estacionamento a 1€.

O concelleiro de Infraestruturas destacou que “unha das primeiras actuacións que realizamos coa nosa chegada ao goberno foi a mellora desta infraestrutura, para facilitar que toda a veciñanza poida aparcar de xeito gratuíto preto do hospital”. Alexandre Penas destacou, entre as actuacións necesarias, a diferenciación da zona de circulación e estacionamento, ademais da colocación de cartelería informativa e valados para ordenar o estacionamento, evitando que se formen atascos por vehículos mal estacionados.

Alexandre Penas: “o aparcadoiro municipal do HULA aforra ás veciñas e veciños máis de 600.000€ anuais”