Alexandre Penas reúnese con técnicos municipais para avaliar proxectos do concello para os Next Generation

Penas: “desde as distintas áreas de goberno levamos meses traballando na con proxectos que poden encaixar nos fondos europeos”

O concello de Lugo pode optar a axudas de ata 45 euros por habitante

Alexandre Penas reúnese con técnicos municipais para avaliar proxectos do concello para os Next Generation

Lugo, 06 de setembro de 2021.  O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantivo unha xuntanza co persoal técnico municipal para avaliar os distintos proxectos a presentar aos fondos europeos dentro da convocatoria dos Next Generation. “Desde as distintas áreas de goberno estamos xa traballando en distintos proxectos que poden encaixar dentro da convocatoria dos fondos de recuperación, con esta xuntanza analizamos as distintas propostas para avanzar na convocatoria destas axudas”, explicou Alexandre Penas

 

O concello de Lugo pode optar á liña de axudas destinadas a municipios de máis de 50.000 habitantes, divididos en dúas solicitudes independentes, nas que se pode chegar a obter ata 45 euros por habitante na primeira e 30 na segunda.

 

Este primeiro plan convocado polo goberno do estado conta con 1.000 millóns de euros. Con este investimento, financiaranse cuestións como zonas de baixas emisións (ZBE), a transformación sostible do transporte público colectivo e a dixitalización da mobilidade: “Liñas de traballo que xa estamos a planificar desde hai tempo desde as distintas áreas de goberno”, explicou Alexandre Penas. As liñas do goberno poden financiar ata o 90% dos costes elexibles de cada proxecto.

Alexandre Penas reúnese con técnicos municipais para avaliar proxectos do concello para os Next Generation