A área de Cultura entregará libros a todas as persoas que se acheguen ao Concello este venres, día do libro

Maite Ferreiro: “entregaremos ás veciñas e veciños obras procedentes do fondo bibliográfico municipal”

A entrega realizarase na Casa do Concello entre as 10 e as 14 horas

A área de Cultura entregará libros a todas as persoas que se acheguen ao Concello este venres, día do libro

Lugo, 22 de abril de 2021. A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que mañá, co gallo da celebración do Día do Libro, todas as persoas que se acheguen á Casa do Concello entre as 10 e a as 14 horas recibirán un libro como agasallo. “Entregaranse a todas as veciñas e veciños unha serie de obras procedentes do fondo bibliográfico municipal”, explicou Maite Ferreiro.

A edil de Cultura lembrou que “o ano pasado quixemos destacar a importancia da literatura durante o confinamento cunha iniciativa na que recompilamos as obras preferidas da veciñanza”, e explicou que “este ano, queremos que toda a veciñanza de Lugo coñeza o fondo literario co que contamos no Concello, facilitando que todas as persoas teñan a posibilidade de ter un libro ao seu carón”.

A área de Cultura entregará libros a todas as persoas que se acheguen ao Concello este venres, día do libro