O BNG de Castro de Rei pediu o adecentamento da contorna do colexio, centro de saúde e gardería

Rueiro de Castro Ribeiras de Lea
Rueiro de Castro Ribeiras de Lea

A voceira municipal, Digna Lagarón, resaltou a necesidade de pór unha solución de arranxo e mantemento perante o mal estado no que se atopan

O BNG de Castro de Rei pediu o adecentamento da contorna do colexio, centro de saúde e gardería

Castro de Rei, 16 de outubro de 2020.- O BNG en Castro de Rei requeriu ao goberno municipal o adecentamento dos espazos e instalacións públicas de Castro de Rei, como por exemplo son o colexio, a gardería, o centro de saúde ou a área de autocaravanas, entre outros.

Desde o bloque resaltan que estes desperfectos producidos nos espazos públicos están presentes dende fai moito tempo, ao cal non se aplicou ningunha medida ou actuación por parte da alcaldía.

Digna Lagarón declarou “as inmediacións do centro de saúde, do colexio, da gardería ou o espazo de autocaravanas manteñen a mesma situación de suciedade dende fai varios meses, sen arranxo das zonas axardinadas e cheos de silveiros, este é o tipo de servizo público que amosa este goberno”

 

No mesmo sentido, sinalou que “a situación que padecen os nosos rueiros como os edificios é froito do desleixo deste goberno, a nosa veciñanza non merece ir pola rúa chea de silveiros ou que o noso colexio permaneza cheo de pintadas con contido sexista e machista” ao que engadiu “desde o bloque cremos que hai que garantir a seguridade e o mantemento das instalacións de todas e todos, proporcionar un servizo público de calidade” Digna Lagarón

O BNG de Castro de Rei pediu o adecentamento da contorna do colexio, centro de saúde e gardería