O BNG de Castroverde esixe ao goberno municipal transparencia na xestión do SAF

A voceira municipal, Iria Castro, pedirá información sobre a posible implicación da empresa nun caso de explotación laboral polo que foi denunciada

Iria Castro: “o concello de Castroverde debe asegurar a prestación de servizos garantindo as condicións laborais das traballadoras e traballadores”

 

O BNG de Castroverde esixe ao goberno municipal transparencia na xestión do SAF

Castroverde, 17 de xullo de 2020.- A edil do BNG en Castroverde, Iria Castro, reclamará información ao goberno municipal sobre as supostas irregularidades na situación laboral das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar. Segundo declarou Iria Castro, “dado que a mesma empresa que presta este servizo foi denunciada por unha posible explotación laboral, esixiremos ao goberno municipal que verifique se este caso se puido dar entre as traballadoras deste servizo”.

“Desde o BNG temos claro o noso compromiso coas traballadoras e traballadores, polo que solicitaremos do goberno municipal que investigue este tipo de irregularidades nun servizo municipal”, afirmou Iria Castro, que engadiu “o goberno municipal debe investigar este suceso e revisar o contrato coa empresa no caso de que se demostre algún tipo de irregularidade”.

Iria Castro urxiu tamén ao goberno municipal “a renovar o contrato, que caducou no ano pasado, coa maior celeridade posíbel”. Para a voceira do BNG, “o goberno municipal deberá garantir neste novo prego, e en todos os servizos, que as traballadoras e traballadores teñan unhas condicións laborais dignas”.

O BNG de Castroverde esixe ao goberno municipal transparencia na xestión do SAF