O BNG continúa co ciclo de charlas feministas falando sobre a atención ás vítimas no ámbito xudicial

A palestra contará coa participación de Marta Abuín, traballadora social, Ana Jartín, psicóloga da oficina de atención ás vítimas e Marta Rivas, psicóloga do IMELGA 

Maite Ferreiro presentará a charla feminista, que se celebrará este martes ás 19:30 no Centro Social Uxío Novoneyra

O BNG continúa co ciclo de charlas feministas falando sobre a atención ás vítimas no ámbito xudicial

Lugo, 06 de xuño de 2021. O BNG continúa co ciclo de charlas feministas cunha nova sesión baixo o título Atención ás vítimas no ámbito xudicial, na que se afondará sobre a situación das traballadoras dos distintos servizos que atenden ás vítimas, e do impacto que tivo a COVID-19 nesta atención.

A charla será presentada pola Vicepresidenta da Deputación e concelleira de Cultura en Lugo, Maite Ferreiro, e contará coa participación das traballadoras da oficina de atención ás vítimas Marta Abuín (traballadora social) e Ana Jartín (psicóloga), ademais da psicóloga do IMELGA Marta Rivas, que darán o seu punto de vista sobre como está a afectar a crise da COVID-19 nas dúas institucións.

Esta nova charla celebrarase de xeito presencial o vindeiro martes 8 de xuño a partir das 19:30 no Centro Social Uxío Novoneyra, onde se aplicarán protocolos de prevención para cumprir con todas as normas sanitarias.

Ata a data de hoxe os encontro feministas promovidos polo BNG e Galiza Nova foron os seguintes:

·         7 de marzo de 2017 Por que é necesario o feminismo? Teresa González Piñeiroa e Olalla Rodil

·         19 de abril de 2017 patriarcado e capitalismo con Mª Carme García Negro e Noa Presas

·         27 de xuño de 2017 Presente e futuro das liberdades sexuais con Carlos Callón e Iria Carreira

·         29 de setembro de 2017 ventres de alugueiro con María Reimóndez e Olalla Rodil

·         20 de novembro de 2017 VIOLENCIA MACHISTA: antes e despois da denuncia no que participaron a xuiza Sandra Piñeiro e a traballadora social María Castro.

·         13 de marzo de 2018 As mulleres no mundo laboralDalila Dopazo (xuíza), Marta R. Engroba (presidenta da asociación Si, hai saída), e Raquel Grandio (orientadora laboral de COGAMI).

·         25 de setembro de 2018 Coñecendo a endometriose, Andrea López (representante de QUERENDO – Mulleres con endometriose), Chus Méndez (xinecóloga)

·         24 de setembro de 2018 vixencia do pensamento de Simone de Beauvoir na súa obra pioneira: O Segundo Sexo, Pilar García Negro

·         20 de febreiro de 2019 A cultura da Violación, Olalla Rodil e Iria Fernández (mestra).

·         26 de novembro de 2019 Arte e feminismo, Luz Darriba (artista multidisciplinar) e Mónica Alonso (artista plástica)

·         3 de marzo de 2020 Educación en igualdade, Mari Blanco (mestra) e Laura Pardeiro (psicóloga)

·         8 de marzo de 2021 Traballos e coidado en tempos de pandemia, Cristina López (concelleira de Mercados en Lugo) e Ximena González (traballadora do SAF)

O BNG continúa co ciclo de charlas feministas falando sobre a atención ás vítimas no ámbito xudicial