O BNG leva ao Congreso o arranxo urxente da N-540

Néstor Rego con membros do BNG de Guntín e da comarca

Néstor Rego rexistrará iniciativas para renovar o pavimento, unha actuación que se converteu nunha “ demanda que podemos xa considerar histórica, que nin PP nin PSOE e Podemos están a levar adiante” sinalou

O BNG leva ao Congreso o arranxo urxente da N-540

Lugo, 30 de abril de 2021- O Bloque Nacionalista Galego presentará no Congreso dos Deputados iniciativas para mellorar a seguranza viaria e a mobilidade da N-540, facendo fincapé o estado actual ao seu paso por Guntín.

O BNG xa ten presentado iniciativas ao respecto, no que recentemente foron a través das emendas aos Orzamentos Xerais do Estado que, “lamentabelmente foron votadas en contra pola maioría de Goberno de PSOE e Podemos” apunta o deputado Néstor Rego. Precisamente, por iso, o BNG segue insistindo e anuncia novas iniciativas no Congreso para arranxar o pavimento desta vía que é crucial para as localidades do centro e o sul da provincia de Lugo, e para a conexión das cidades de Lugo e Ourense.

É unha demanda que podemos xa considerar histórica, que nin PP nin PSOE e Podemos están a levar adiante cando teñen responsabilidades de goberno” lembrou Néstor Rego. “A estrada atópase cun firme gravemente deteriorado e conta cun tráfico alto, sobre todo de vehículos pesados e de particulares, feito que supón un grave perigo para todas as persoas que transitan diariamente por ela” declarou o deputado.

Neste sentido, o deputado da cámara baixa fixo fincapé en que “o estado actual da vila de Guntín referido ao mal estado da sinalización de tráfico, agrava aínda máis a inseguridade, xa que todos os pasos peonís están desfeitos, poñendo en risco a todas as persoas que transitan pola propia vila” dixo Néstor Rego.

O BNG leva ao Congreso o arranxo urxente da N-540