O BNG APOSTA POR IMPULSAR A ACTIVIDADE CULTURAL, CREANDO DE RÁBADE UN REFERENTE PARA A COMARCA

O BNG presenta a candidatura en Rábade, encabezada por Iván Sangiao

IMG_8214

Iván Sangiao: “Potenciaremos a actividade social, mellorando os espazos cos que contamos e promovendo a creación en lugares sen uso” 

O BNG presenta a candidatura en Rábade, encabezada por Iván Sangiao

Rábade, 3 de maio 2019.  O BNG presentou a candidatura para as eleccións municipais no concello de Rábade. Un total de 9 persoas  “que nos presentamos a estas eleccións porque queremos un pobo accesible no que sentirnos reflexadas” afirmou Iván Sangiao, candidato á alcaldía.

Sangiao apuntou “conformamos un equipo para gobernar, con ilusión, con capacidade e coas ideas claras para facer un Rábade mellor” e engadiu “potenciaremos a actividade social, mellorando os espazos cos que contamos e promovendo a creación de novos espazos en lugares sen uso como a Praza de Abastos”. Ademais o BNG aposta por impulsar a actividade cultural, creando de Rábade un referente para a comarca. “Traballaremos pola mellora das instalacións e do material da escola de música”, indicou o candidato.

Entre os obxectivos da candidatura do BNG de Rábade está  mellorar a accesibilidade da vila “eliminando barreiras arquitectónicas para unir todos os barrios, e mellorando o acceso á vila” apuntou Iván Sangiao, e engadiu “a mellora do servizo da auga é unha prioridade para nós”.

 

Candidatura BNG – RÁBADE

1. IVAN SANGIAO DARRIBA

2. ROSA MARIA MARTINEZ GARCIA

3. XULIO ANTON CASTRO FERREIRO

4. MARIA AURIA BOVEDA MORANDEIRA

5. JOSE ENGROBA GARCIA

6. MARIA PILAR MURIAS BUSTO

7. ANDRES ARMESTO CORTIÑA

8. MARIA ANGELES DIAZ REAL

9. AMALIA RIVAS TOMÉ

O BNG presenta a candidatura en Rábade, encabezada por Iván Sangiao