O BNG urxe á Xunta axudas inmediatas á hostalería cun plan adicional

Xuntanza distribuidores Lugo
Xuntanza con ADISLUGO

Olalla Rodil e Efrén Castro mantiveron un encontro coa asociación de distribuidores de Lugo

 

O plan contaría coa participación das tres admisnitracións na que se inclúa unha compensación de até o 70% da perda de ingresos mensuais

O BNG urxe á Xunta axudas inmediatas á hostalería cun plan adicional

Lugo, 25 de xaneiro de 2021- A viceportavoz e deputada do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, xunto ao deputado provincial, Efrén Castro, mantiveron un encontro con membros da asociación de distribuidores da provincia de Lugo (ADISLUGO), na que trasladaron o apoio da organización ao colectivo, e tamén, a proposta dun plan de rescate urxente do sector da Hostalaría, na que se inclúa tamén á distribución, xa que trátase dun piar deste sector.

O BNG reclama un plan adicional de axudas coa participación das tres administracións, Xunta, concellos e deputacións, o que inclúa unha compensación de até o 70% da perda de ingresos mensuais, compensación aplicable todo o tempo que duren as limitacións á actividade no sector.

Olalla Rodil sinalou que “o hosteleiro e o distribuidor son parte da mesma cadea, a súa situación nestes momentos está sendo dramática” polo que a deputada fixo fincapé en que “as axudas teñen que ser inmediatas e tramitadas coa máxima axilidade, a Xunta non pode seguir actuando tarde e de xeito insuficiente”

Do mesmo xeito, o Bloque solicita ampliar os prazos de carencia dos créditos tanto os da Xunta como os do ICO, debido aos baixos ingresos que o sector está tendo por mor das restricións, o que dficulta facer fronte a este tipo de custes.

É crucial darlle un apoio decidido ao sector, os recursos deben chegar canto antes aos traballadores de traballadoras, autónomos e autónomas que peor o están pasando” subliñou Olalla Rodil 

O BNG urxe á Xunta axudas inmediatas á hostalería cun plan adicional