O BNG de Vilalba inicia a campaña “Mellor Local, Mellor Galego” en apoio ao comercio local

Integrantes do BNG no reparto polo comercio local
Integrantes do BNG no reparto polo comercio local

A deputada por Lugo, Olalla Rodil, sinalou “ o BNG presentará nas emendas aos Orzamentos da Xunta de Galiza 2021 un plan de impulso pero tamén de dixitalización do comercio local, para conseguir adaptar e competir o noso comercio fronte ás plataformas dixitais”

A formación anima a axudar ao comercio local para reforzar unha saída ás consecuencias da crise sanitaria

O BNG de Vilalba inicia a campaña “Mellor Local, Mellor Galego” en apoio ao comercio local

Vilalba, 19 de decembro de 2020.- O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba presentou hoxe a campaña “Mellor local, mellor galego” en apoio ao comercio local, na que participaron membros do bloque de Vilalba xunto coa deputada no Parlamento de Galiza Olalla Rodil.

Desde o BNG animamos ao consumo de proximidade e ao consumo de produtos galegos, fundamental durante todo o ano, no que neste contexto marcado pola crise da COVID-19 é fundamental para axudar á reactivación económica e social. Neste senso, a deputada Olalla Rodil sinalou que “o BNG presentará nas emendas aos Orzamentos da Xunta de Galiza 2021 un plan de impulso pero tamén de dixitalización do comercio local, para conseguir adaptar e competir o noso comercio fronte ás plataformas dixitais”

Vilalba, ao igual que o moitas vilas e cidades do país, son referencias comerciais na que ofértanse produtos xerados no noso país, segundo a responsábel local do BNG en Vilalba, Pilar Prieto, sinalou que “ o comercio na vila é un sector económico fundamental, o que xera emprego e mantén vivo o noso rural, entre todas e todos temos que axudar as nosas veciñas e veciños para saír para adiante e desfrutar da calidade que posúen os nosos produtos”

O BNG de Vilalba inicia a campaña “Mellor Local, Mellor Galego” en apoio ao comercio local