Carme Aira: “hai que dotar á sanidade pública con máis recursos materiais e humanos, especialmente na Atención Primaria”

A deputada do BNG presentou as propostas da fronte para a nova Lei de Saúde

“As enfermidades cúranse con profesionais e medicamentos, non coartando liberdades”, lembrou Carme Aira

Carme Aira: “hai que dotar á sanidade pública con máis recursos materiais e humanos, especialmente na Atención Primaria”

Lugo, 18 de febreiro de 2021. A deputada por Lugo do BNG, Carme Aira, presentou esta mañá as propostas que o BNG defenderá ante a nova lei de saúde que está a tramitar o goberno de Feijóo. Carme Aira explicou que “desde o BNG defendemos que a mellor maneira de saír da crise sanitaria é dotando ao sistema público de saúde con recursos materiais e humanos, especialmente na atención primaria”A parlamentaria do BNG defendeu que “é preciso dar a volta ás políticas aplicadas nos últimos 11 anos e defender a sanidade pública ante a falta de recursos que sofre actualmente”.

“Na provincia de Lugo séguese a discriminar a Atención Primaria cun orzamento que aínda está por debaixo do de 2009, ao mesmo tempo que se centralizou a atención hospitalaria no HULA, o que fai que as camas de UCI estean na súa práctica totalidade en Lugo”. Actualmente, debido ao sistema de áreas sanitarias imposto polo goberno galego, o Hospital da Costa só conta con 7 camas UCI, mentres que o hospital de Monforte non conta con este servizo.

A deputada do BNG criticou que “esta modificación da lei de saúde supón suprimir e limitar dereitos fundamentais sen un límite temporal claro”, e afirmou que “o PP pretende limitar e confinar os dereitos fundamentais das galegas e galegos”. Carme Aira explicou que “o PP leva adiante esta modificación, novamente, pola vía da urxencia e sen contar coas propostas e modificacións do BNG e dos colectivos vencellados á sanidade”

Carme Aira: “hai que dotar á sanidade pública con máis recursos materiais e humanos, especialmente na Atención Primaria”