A concellería de Infraestruras renova o asfalto do Camiño de Namela, no barrio de Albeiros

Alexandre Penas: “renovamos o asfalto dunha vía que se atopaba en moi mal estado, mellorando os servizos da veciñanza da zona”

O edil de Infraestruturas visitou a zona xunto con integrantes da Asociación de Veciños as Gándaras, Albeiros, Ponte Romai e Virxe da Soidade

A concellería de Infraestruras renova o asfalto do Camiño de Namela, no barrio de Albeiros

Lugo, 13 de marzo de 2021. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou esta mañá o barrio de Albeiros, acompañado de integrantes da directiva da asociación de veciños As Gándaras, Albeiros, Ponte Romai e Virxe da Soidade. O edil de Infraestruturas explicou que “nestes días estase a realizar unha intervención de mellora no Camiño de Namela, unha vía que se atopaba en moi mal estado, e co que melloraremos os servizos públicos das veciñas e veciños da zona”.

 

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas consistiu na aplicación dunha nova capa de rodadura de formigón, duns 15 cm de espesor. Alexandre Penas explicou que “aplicamos formigón, en lugar de aglomerado en quente debido ao estreito da vía, que non permite o paso dos vehículos habituais no extendido do aglomerado en quente”, e engadiu que “desde a concellería de Infraestruturas ”

 

A concellería de Infraestruturas realizou esta intervención, que foi licitada xunto con outras intervencións na zona norte da cidade por un total de 41.574,45€, e que inclúen o traballo realizado na unión de Mar Cantábrico coa rúa das Fontes, e a mellora da accesibilidade da rúa Río Eo. Alexandre Penas destacou as distintas actuacións realizadas no barrio de Albeiros pola Concellería de Infraestruturas, entre os que se inclúen o reasfaltado das rúas Romeu, Vento, Cuartel, Couselo e do Camiño da Croa, ademais de varias renovacións de alumeado que se realizaron nos últimos meses.

A concellería de Infraestruras renova o asfalto do Camiño de Namela, no barrio de Albeiros