FELIPE RIVAS: “TRÁTASE DUN TRABALLO QUE DEBEMOS REALIZAR EN COORDINACIÓN COS CENTROS DE ENSINO E AS FAMILIAS”

As concellerías de Mobilidade e Educación traballan na realización de plans piloto de vieiros escolares

Felipe Rivas afirmou que “a aplicación dos vieiros escolares aportarán unha solución aos problemas de tráfico ás saídas dos colexios”

As concellerías de Mobilidade e Educación traballan na realización de plans piloto de vieiros escolares

Lugo, 22 de setembro de 2020. O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, xunto co edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, presentaron os avances que desde ambas concellerías se teñen realizado de cara á posta en funcionamento de vieiros escolares. Segundo Felipe Rivas “aproveitando a celebración do Día Europeo sen Coches, quixemos facer fincapé na necesidade de usar medios de transporte alternativos ao vehículo privado”.

Para o concelleiro de Eduación, “estamos a preparar plans piloto para poñer en marcha nas vindeiras semanas, para, coa experiencia que gañemos durante o inicio destes plans, tratar de activar vieiros escolares en todos os centros durante o presente curso”. “Trátase dun traballo que temos que realizar en conxunto desde o concello coa colaboración dos centros de ensino e das familias”, afirmou Felipe Rivas.

A posta en marcha dos vieiros escolares implica tamén “un cambio nas tendencias da mobilidade, reducíndose o uso do vehículo privado”, explicou Felipe Rivas, que afirmou que “en todas as cidades nas que se promoveron, vimos como se eliminaron os problemas de tráfico nas entradas e saídas dos centros de ensino que actualmente podemos ver en Lugo”.

As concellerías de Mobilidade e Educación traballan na realización de plans piloto de vieiros escolares