Continúa o ciclo de danza LED achegando unha nova proposta ao MIHL

A peza Primeiro a Vida, interpretada por Esther Latorre e Xoel Álvarez, poderá desfrutarse o 12 e 13 de xuño na Caixa Negra do Museo

Maite Ferreiro: “programamos actividades para encher os distintos espazos da cidade con propostas culturais de calidade”

Continúa o ciclo de danza LED achegando unha nova proposta ao MIHL

Lugo, 06 de xuño de 2021. A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua achega unha nova proposta de danza ao MIHL, dentro do ciclo LED. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, explicou que “seguimos a programar actividades para encher os distintos espazos da cidade con propostas culturais de calidade e recoñecidas”.  O 12 e 13 de xuño na Caixa Negra do MIHL poderemos desfrutar dunha nova peza de artes do movemento a cargo de Kirenia Danza. Trátase de “Primeiro a vida” unha peza interpretada pola lucense Esther Latorre e Xoel Álvarez.

“Primeiro a vida” é un eloxio dos coidados no que os corpos danzan unha antiga reivindicación que demanda Primeiro a Vida ou Antes a Vida ou Elixir a Vida, tres posibles traducións do verso de André Bretón transformado nun lema nos antigos muros durante o Maio Francés. A peza convídanos a que fronte a explotación, a precariedade e a morte que trouxo a pandemia, elixamos coidarnos e proclamemos: Primeiro a Vida!

As dúas funcións terán lugar o 12 e o 13 de xuño ás 20 horas. As entradas poden obterse en entradaslugo.es ou na Oficina de Turismo de Lugo de xeito gratuito, cun máximo de dúas por persoa.

Continúa o ciclo de danza LED achegando unha nova proposta ao MIHL