“Galiza precisa dun ente público que xestione un tren de proximidade para todas as galegas e galegos”, afirmou Olalla Rodil

Olalla Rodil e Noa Presas á chegada a Monforte
Olalla Rodil e Noa Presas á chegada a Monforte

A candidata do BNG por Lugo e a edil e candidata do BNG en Castroverde, Iria Castro, desplazáronse en tren ata Monforte de Lemos para reclamar un transporte digno na Galiza

Olalla Rodil: “en medio do ano 2020 seguimos cunha vía do século XIX, sen electrificar, na que se perden horarios e se pechan estacións”

“Galiza precisa dun ente público que xestione un tren de proximidade para todas as galegas e galegos”, afirmou Olalla Rodil

Monforte de Lemos, 23 de xuño 2020. A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, xunto coa integrante da candidatura do BNG, Iria Castro, viaxaron en tren ata Monforte de Lemos, onde se atoparon coa candidata do BNG por Ourense, Noa Presas “para denunciar o desmantelamento e a situación actual do sistema ferroviario galego”, segundo indicou Olalla Rodil.

A provincia de Lugo viu como nos últimos anos se perderon liñas e se pecharon estacións, ademais, en pleno 2020 seguimos tendo unha vía do século XIX, que aínda segue sen electrificar”, declarou Olalla Rodil.

A candidata do BNG comprometeu “a creación do GALTREN, un ente ferroviario público que apostará e impulsará o transporte de proximidade na Galiz
a, a partir do 12 de xullo, con Ana Pontón á fronte da Xunta de Galiza”. “Precisamos comunicarnos, vertebrar o País e cohesionar o territorio galego”, dixo Olalla Rodil que valorou o tren como un elemento chave para unha mobilidade sustentable”

“O GALTREN está chamado a ser o tren de referencia na Galiza nas conexións entre vilas e cidades, ao tratarse dunha dirección operativa única para o territorio galego superará a fragmentación entre as estruturas RENFE e FEVE”, explicou Olalla Rodil. “Trátase dunha proposta de servizo público para todas as galegas e galegos”, sentenciou Olalla Rodil.

“Galiza precisa dun ente público que xestione un tren de proximidade para todas as galegas e galegos”, afirmou Olalla Rodil