O Goberno de Lugo renovará o firme de varios viais das Gándaras

Rubén Arroxo xunto as veciñas das Gandaras
Rubén Arroxo xunto as veciñas das Gandaras

Rubén Arroxo: “renovaremos a capa de rodadura de nove rúas e varios ramais de acceso que se atopan en avanzado estado de deterioro”

A actuación sairá a licitación cun orzamento de 252.373,63€, e un prazo de oito semanas

O Goberno de Lugo renovará o firme de varios viais das Gándaras

Lugo, 26 de abril de 2021. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, presentaron á veciñanza do barrio das Gándaras o proxecto de renovación do firme de nove rúas e varios ramais de acceso do barrio. ”Damos resposta a unha solicitude veciñal, realizando unnha actuación integral no barrio que mellorará os viais e os accesos ás Gándaras”, explicou Rubén Arroxo.

A área de Infraestruturas actuará nas rúas Vagalume, Bolboreta, Paporrubio, Galo, Gaivota, Toledo, Areas, Rola, Camiño de Gustavo e Pombo, ademais dos ramais de acceso da rúa da Rola á Avenida Adolfo Suárez, Bolboreta a Monte Pía Páxaro e Adolfo Suarez á Urbanización Castro Gil. A actuación consistirá nunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará un selado do firme ante a acción da auga e unha prolongada duración da actuación. Ademais, renovarase a sinalización horizontal, que se mellorará nos cruces complicados.

Esta actuación sairá a licitación nos vindeiros días, cun orzamento base de 252.373,63€, e un prazo de execución de oito semanas. “Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e das zonas periurbanas, mellorando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan os viais”, afirmou Rubén Arroxo.

O Goberno de Lugo renovará o firme de varios viais das Gándaras