Infraestruturas mellora a estética da praza de Santo Domingo dentro da peonalización de Quiroga Ballesteros

Alexandre Penas: “o treito peonalizado ampliarase á actual estrada de Santo Domingo, entre Quiroga Ballesteros e a saída do aparcadoiro subterráneo”

A ampliación da zona de actuación non suporá un aumento no custo da obra

Infraestruturas mellora a estética da praza de Santo Domingo dentro da peonalización de Quiroga Ballesteros

Lugo, 11 de marzo de 2021. O concelleiro de  Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou que desde a área de Infraestruturas se vén de modificar o proxecto de peonalización da rúa Quiroga Ballesteros, ampliando a zona de actuación ao primeiro treito da praza de Santo Domingo. Alexandre Penas explicou que “con esta medida melloramos a estética do primeiro treito de Santo Domingo, dando continuidade ao resto da actuación”.

A ampliación consistirá en aumentar o terreo a pavimentar, intervíndose no treito de dobre curva que se atopa pegado á saída do aparcadoiro soterrado de Santo Domingo. Alexandre Penas explicou que “con esta ampliación gañaremos uns 120 metros cadrados de espazo humanizado, sen supoñer un custo a maiores no prezo final da actuación”.

Alexandre Penas afirmou que “malia que este treito non estaba contemplado no proxecto, unha vez recibimos o visto bo por tomamos esta decisión”, e destacou “o bo ritmo ao que avanza a actuación, que permitirá gañar un espazo peonil moi importante no centro de Lugo”.

Infraestruturas mellora a estética da praza de Santo Domingo dentro da peonalización de Quiroga Ballesteros