Infraestruturas renovou nos últimos meses, máis dun cento de tapas de alumeado público no casco histórico

Alexandre Penas: “seguimos traballando no 2021 para ampliar esta actuación ao resto de zonas da cidade”

O edil de Infraestruturas explicou que “buscamos mellorar a imaxe da cidade ao mesmo tempo que melloramos a calidade de vida das persoas”

Infraestruturas renovou nos últimos meses, máis dun cento de tapas de alumeado público no casco histórico

Lugo, 29 de marzo de 2021. Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, deu conta do traballo realizado pola concellería na mellora das tapas da rede de alumeado público na zona centro da cidade. En total, durante os últimos meses, renováronse máis dun cento de tapas de rexistro pertencentes á rede de alumeado público que permitiron, segundo Alexandre Penas, “mellorar a imaxe do centro da cidade ao mesmo tempo que melloramos a calidade de vida”.

O edil de Infraestruturas afirmou que “durante o 2021 continuaremos a traballar nesta mellora, que se debe realizar periodicamente por toda a cidade”. Penas explicou que “para este ano contamos con partidas orzamentarias destinadas a continuar este mantemento nas zonas norte e sur da cidade”.

“Trátase de mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños, tratando de reducir ao máximo o número de queixas que recibe o concello por persoas que sofren caídas ou tropezan nos bordes de moitas destas tapas”, sentenciou o edil nacionalista.

Infraestruturas renovou nos últimos meses, máis dun cento de tapas de alumeado público no casco histórico