Olalla Rodil “ un aeroxenerador só repercute no territorio menos do 1% do beneficio que produce, mentras nós pagamos a factura da luz máis cara”

IMG_1108

O Bloque organizou un acto público sobre o modelo enerxético e situación sobre a enerxía eólica na comarca de Meira e arredores

Contou coa participación do concelleito do BNG en Meira, Felipe Nieto, e o consultor enerxético, Xosé Manuel Golpe

Olalla Rodil “ un aeroxenerador só repercute no territorio menos do 1% do beneficio que produce, mentras nós pagamos a factura da luz máis cara”

Meira, 08 de outubro de 2021.-O Bloque Nacionalista Galego organizou un acto público dentro da campaña Nin Espolio, Nin Depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega na Casa da Cultura de Meira. Recolléronse impresións coa veciñanza da bisbarra sobre o espolio enerxético e o inzamento de proxectos de novos parques eólicos na comarca de Meira e arredores.

 

Contou coa participación de Felipe Nieto, concelleiro do BNG en Meira, a deputada por Lugo e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, e o consultor enerxético, Xosé Manuel Golpe.

 

A deputada Olalla Rodil sinalou que os novos parques eólicos que se están proxectando sobre as terras de Meira e arredores non repercuten en nada á veciñanza do lugar xa que “o fin das empresas do oligopolio eléctrico é extraer o maior beneficio sen deixar nada aquí”.

 

Así pois, a deputada nacionalista recalcou o funcionamento actual da produción eólica “un aeroxenerador só repercute no territorio menos do 1% do beneficio que produce, mentras nós pagamos a factura da luz máis cara”. “Precisamos mudar o modelo eólico para que parte dos beneficios repercutan as galegas e galegos, como a creación dunha tarifa eléctrica galega que baixe o recibo da luz” sentenciou Olalla Rodil.

 

Por isto, o BNG aposta un modelo galego, no que Galiza conte con ferramentas de xestión para poder establecer criterios que beneficien a sociedade, como unha tarifa eléctrica propia, a promoción de proxectos empresariais e industriais conectados con estes centros de produción eléctrica ou a participación da sociedade neste tipo de infraestruturas.

Olalla Rodil “ un aeroxenerador só repercute no territorio menos do 1% do beneficio que produce, mentras nós pagamos a factura da luz máis cara”