Olalla Rodil: “o BNG defenderá no Parlamento a xestión directa das residencias previstas nas cidades galegas”

Alexandre Penas, Rubén Arroxo e Olalla Rodil

A parlamentaria do BNG afirmou que “a atención aos maiores ten que ser un servizo público”

O BNG traballará para garantir un sistema de residencias digno, incluíndo a dotación planificada para Lugo

Olalla Rodil: “o BNG defenderá no Parlamento a xestión directa das residencias previstas nas cidades galegas”

Lugo, 07 de maio de 2021. A deputada e viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil presentou as propostas da organización nacionalista ao respecto das residencias da terceira idade. Rodil explicou que “despois do acontecido durante a crise sanitaria, desde o BNG trataremos de xeito prioritario a mellora do sistema de residencias para garantir unha vellez digna a todas as persoas maiores”. Para a deputada do BNG, “a crise sanitaria demostrou que o modelo actual de residencias está completamente obsoleto”.

As propostas que o BNG trasladará ao Parlamento galego atópanse garantir a xestión directa das novas residencias previstas nas sete cidades, incluíndo a prevista en Lugo. Solicitarase tamén recuperar para a xestión pública todas as residencias privatizadas no momento no que finalicen os contratos en vigor.

Ademais, o BNG propón reforzar de xeito inmediato o sistema de inspección para garantir que se cumpra a normativa vixente en todas as residencias galegas. “Temos que dar un paso adiante para garantir que a atención aos nosos maiores pública e de calidade”, afirmou Olalla Rodil

Na Galiza, das 790 persoas falecidas en residencias de maiores, só 5 eran usuarias dun centro público. “A vellez é un dereito social para todas e todos,  non un negocio nin un privilexio”, afirmou Olalla Rodil, que reclamou “a mellora das condicións laborais das traballadores para reamatar coa precariedade e os baixos salarios”.

Olalla Rodil: “o BNG defenderá no Parlamento a xestión directa das residencias previstas nas cidades galegas”