Olalla Rodil: “Co BNG gobernando a Xunta, haberá unha solución efectiva para as pallozas do Piornedo”

Olalla Rodil xunto coa veciñanza
Olalla Rodil xunto coa veciñanza

A deputada do BNG visitou o Piornedo para coñecer, de primeira man, o estado de abandono que as políticas do Partido Popular provocaron

Rodil: “O Partido Popular eliminou as axudas que o IGVS tiña para o mantemento e rehabilitación deste tipo de construcións”

Olalla Rodil: “Co BNG gobernando a Xunta, haberá unha solución efectiva para as pallozas do Piornedo”

Lugo, 20 de febreiro de 2020. A deputada do BNG no parlamento de Galiza, Olalla Rodil, mantivo un encontro coa veciñanza do Piornedo para coñecer de primeira man o estado deste enclave dos Ancares. “O goberno do Partido Popular retirou as axudas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ofertaba para o mantemento e rehabilitación das construcións tradicionais, neste caso, as pallozas”, declarou Olalla Rodil.

“Cun goberno do BNG non habería dúbida á hora de dar unha solución á situación pola que están a pasar as pallozas do Piornedo”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “a partir do 5 de abril, dende o BNG traballaremos para dar solución ao estado de abandono ao que o goberno Popular levou ao rural galego”.


Olalla Rodil lembrou que “dende o BNG xa presentamos, en múltiples ocasións propostas para apoiar o mantemento e rehabilitación destas estruturas”. A parlamentaria do BNG sentenciou “sabemos que é un mantemento custoso, pero as institucións públicas deben preocuparse por manter en bo estado unha importante peza do nosos patrimonio, que xa foi declarado Ben de Interese Cultural”.

 

Olalla Rodil: “Co BNG gobernando a Xunta, haberá unha solución efectiva para as pallozas do Piornedo”