A EUROPARLAMENTARIA DO BNG, ANA MIRANDA, E A DEPUTADA NO PARLAMENTO GALEGO, CARME AIRA, VISITARON UNHA EXPLOTACIÓN DE OVINO EN VILACOTE - CASTROVERDE

"A PAC non se adapta á realidade galega nin está pensada para as pequenas e medianas explotacións" dixo Ana Miranda

As explotacións agro-gandeiras son as grandes perxudicadas por unha EU e polo estado Español que non miran para Galiza á hora de deseñar a súa política agraria

"A PAC non se adapta á realidade galega nin está pensada para as pequenas e medianas explotacións" dixo Ana Miranda

Lugo, 12 de xullo de 2021. A voceira do BNG en Europa, Ana Miranda, afirmou que o actual deseño do proxecto do Política Agraria Común para o período 2023-2027 "non responde aos obxectivos para os que foi creada xa que non é xuta, nin redistributiva territorialmente, nin ten en conta a realidade galega na explotación da terra e do gando". O BNG reclama, tanto á Unión Europea como ao goberno do estado, que defendan o sector agrogandeiro galego nas negocións que están en marcha no referentes á PAC.

 

A europarlamentaria do BNG, Ana Miranda, e a Deputada no Parlamento Galego, Carme Aira, visitaron unha explotación de ovino en Vilacote – Castroverde onde afirmaron que "parece mentira" que o BNG teña que lembrar, reiteradamente, "o mesmo xa que en Galiza as superficies das explotacións é moi inferior ao resto do estado e isto non se ten en conta á hora elaborar a Política Agraria Común". O sector primario galego "é obxecto dunha discriminación nefasta" a pesares de que hai moitas persoas que viven deste sector e que ademais "coidan gran parte do noso territorio dende as súas explotacións". Miranda e Aira pediron a Xunta e Estado "que adopten unha postura defensora do sector gandeiro xa que aínda hai moito que dicir nas negociacións da PAC"

 

A Parlamentaria, Carme Aira, pola súa banda sinalou que "o goberno do estado pode e debe negociar a favor de Galiza" xa que "hai elementos como a denominada converxencia dos valores unitarios que unidos á modificación do número e tipo de rexións pode afondar máis na desigualdade na distribución das axudas". A PAC seguen perdendo peso no marco orzamentario europeo e no recupera mecanismos de intervención e regulación públicos. A UE, coa excusa da libre competencia, segue apoiando que as grandes empresas agroalimentarias teñan un posición de supremacía fronte a pequenas e medianas explotacións.

"A PAC non se adapta á realidade galega nin está pensada para as pequenas e medianas explotacións" dixo Ana Miranda