Participación mellora a carpa na que se aloxa provisionalmente o Mercado Tradicional

Cristina López: “estamos a traballar para que o traslado do Mercado non supoña molestias para as vendedoras e para a veciñanza”

Dotarase á carpa de instalación de electricidade e habilitarase maior superficie para montar postos

Participación mellora a carpa na que se aloxa provisionalmente o Mercado Tradicional

Lugo, 22 de febreiro de 2021. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou das melloras que se están a realizar na carpa habilitada na praza da Soidade para celebrar o Mercado Tradicional mentres se executen os traballos de rehabilitación do soto da Praza de Abastos. “Queremos facilitar que o Mercado Tradicional se poida celebrar cada semana nesta ubicación temporal sen supoñer molestias tanto para as vendedoras como para a veciñanza que se achega a mercar, adaptando as instalacións ás necesidades reais das vendedoras e vendedores”, explicou Cristina López.

Desde a área de Participación habilitarase un maior número de conexións de electricidade e aumentarase a cabida do recinto, permitindo ás vendedoras e vendedores de plantas instalarse no exterior da carpa, o que aumentará o espazo no interior. “Tratamos así de dar solución ás solicitudes que nos chegaron despois do primeiro día de Mercado Tradicional nesta ubicación”, explicou a edil nacionalista.

O Mercado Tradicional celebrarase na praza da Soidade mentres nas mañás dos martes e dos venres, entre as 8:30 e as 14:30 horas. Os produtos que se venden neste mercado son os propios da colleita, engadíndose á oferta de produtos de primeira calidade que se poden atopar na Praza e no Mercado  de Lugo.

Participación mellora a carpa na que se aloxa provisionalmente o Mercado Tradicional