As persoas que viven na Garaballa camiñan a oscuras e sen beirarrúas para chegar ás súas casas

As persoas que viven na Garaballa camiñan a oscuras e sen beirarrúas para chegar ás súas casas

GaraballaO BNG – Asambleas Abertas pedirá a instalación de máis puntos de luz e que se creen zonas de seguridade para os peóns na zona da Garaballa

Lugo, 15 de setembro de 2015.  O voceiro do BNG-Asembleas Abertas, tras unha visita á zona de Albeiros, dixo que “algunhas das persoas que viven na Garaballa camiñan a oscuras e sen beirarrúas para chegar ás súas casas”. Estas foron as demandas que recibiron os ediles do BNG-AA por parte dalgúns veciños e veciñas na súa visita á zona.

Tanto Rubén Arroxo como Maite Ferreiro comprobaron como para chegar a algunhas das casas da Garaballa os veciños e veciñas teñen que transitar por zonas pouco seguras para os peóns e cunha escasa iluminación. “É un verdadeiro perigo poder chegar á casa atravesando estradas con moitísimo tráfico, sen beirarrúas e cunha escasa iluminación” afirmou Arroxo.

Rubén Arroxo explicou que o goberno municipal debería dotar os accesos a este grupo de vivendas de máis iluminación, zonas de seguridade para o tránsito de peons e pasos de cebra para que garantir que poidan cruzar, se perigo, as vías que son arterias principais de acceso á cidade.

As persoas que viven na Garaballa camiñan a oscuras e sen beirarrúas para chegar ás súas casas