O TENENTE DE ALCALDE INFORMOU QUE AS OFERTAS PODERÁN PRESENTARSE ATÉ O VINDEIRO 14 DE OUTUBRO, E AS OFERTAS COMEZARÁN A REVISARSE O 22 DE OUTUBRO

Rubén Arroxo anuncia a apertura do proceso de contratación da peonalización da Mosqueira

Rubén Arroxo: “A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio

Rubén Arroxo anuncia a apertura do proceso de contratación da peonalización da Mosqueira

Lugo, 24 de setembro de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo anunciou a publicación na Plataforma de Contratación do Estado da peonalización da Ronda da Muralla, no treito da Mosqueira. Segundo Rubén Arroxo, “con esta publicación, as empresas que estén interesadas poderán comezar a presentar as súas ofertas para realizar esta intervención”.  O prazo para realizar algunha oferta, estenderase até o 14 de outubro e, segundo indicou Rubén Arroxo, “segundo as previsións do persoal municipal, a apertura de ofertas para analizar a documentación realizarase o 22 de outubro”.

 

O proxecto foi publicado na Plataforma cun orzamento base de 797.016,93€, ive incluído, e un prazo de realización de 8 meses. “A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira”, anunciou Rubén Arroxo.

 

“Lugo ten a única Muralla romana completa do mundo, un patrimonio da humanidade e temos a obriga como goberno de protexela e potenciala”, lembrou Arroxo, que engadiu “tal como advertiu o Icomos, as vibracións dos vehículos están a causar problemas estruturais ao monumento, polo que unha das liñas de traballo da área de Mobilidade, da que é protagonista esta actuación, é retirar progresivamente os vehículos da Muralla”.

Rubén Arroxo anuncia a apertura do proceso de contratación da peonalización da Mosqueira