Rubén Arroxo presenta a Ana Pontón as emendas aos Orzamentos 2021 da Xunta para Lugo

Ana Pontón e Rubén Arroxo

Rubén Arroxo “Lugo precisa un novo polideportivo e que se continúe o labor iniciado polo BNG no barrio da Tinería”

Rubén Arroxo presenta a Ana Pontón as emendas aos Orzamentos 2021 da Xunta para Lugo

Lugo, 15 de decembro de 2020. O tenente de alcalde e voceiro municipal do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, mantivo hoxe en Compostela unha xuntanza no Parlamento de Galiza xunto coa portavoz nacional, Ana Pontón, para tratar as emendas para estes Orzamentos 2021, os que as nacionalistas sinalan de “insuficientes e sen mirada as problemáticas reais”.

Rubén Arroxo sinalou a necesidade de que a Xunta dote cun maior peso orzamentario as infraestruturas na cidade, sobre todo no proxecto de rehabitación e rehabilitación do barrio da Tinería, no que “a Tinería precisan xa dunha intervención urxente, non podemos seguir deixando de lado este histórico barrio, hai que recuperar os seus restos arqueolóxicos pero tamén precisamos dotalo de instalacións e darlle pulo para que a xente volva encher as súas rúas”

No mesmo sentido, Arroxo resaltou a necesidade da construción dun novo polideportivo, onde o goberno popular na Xunta “non move ficha para executar”, no que destacou o traballo institucional do bloque tanto no Concello de Lugo como na Deputación, a través da área de Deportes, que seguen traballando para facer posíbel esta actuación.

“as actuais instalacións non son suficientes para actividade deportiva exisitente na cidade como na provincia, xa que moitos clubs e asociacións de todo o territorio empregan estes espazos” declarou Arroxo.

Rubén Arroxo presenta a Ana Pontón as emendas aos Orzamentos 2021 da Xunta para Lugo