Novas

O BNG apoia a mobilización veciñal da veciñanza de Castelo para reclamar maior seguridade na estrada da Fonsagrada



O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo e a deputada Montse Valcárcel, estarán presentes no acto reivindicativo que levarán adiante hoxe a partir das 19 horas na parada de bus de Castelo

O BNG rexistrou iniciativas no Concello de Lugo e no Parlamento Galego para instar á Xunta a mellorar a seguridade viaria nas estradas da súa titularidade, recollendo as reivindicacións veciñais de distintas zonas da cidade

Ler novas

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, acompañados polos Pelúdez, foron recibidos pola Alcaldesa de Santiago Compostela, Goretti Sanmartín, para promocionar o San Froilán 2024

A edil de Cultura salientou que "é a primeira vez que os Pelúdez saen de Lugo para promocionar na capital de Galiza a gran festa do outono galego"

Maite Ferreiro: "O San Froilán é a gran festa do outono galego, convidamos a toda Galiza a achegarse a Lugo e descubrir non só as nosas festas, senon tamén o noso patrimonio cultural e gastronómico"

Ler novas

O BNG presenta á veciñanza de Piúgos as propostas para mellorar a seguridade na estrada de Portomarín


Rubén Arroxo, acompañado pola deputada Montserrat Valcárcel e por Cristina López, concelleira do BNG en Lugo mantivo unha xuntanza con veciñas e veciños de Piúgos para presentar a proposición que se debaterá no pleno de finais de setembro e as propostas que o BNG trasladará ao Parlamento de Galiza

O BNG reclama novos pasos de peóns que permitan un acceso seguro ás paradas de bus próximas a Piúgos

Ler novas

Aprobada a renovación do Carril dos Loureiros, actuación impulsada pola Tenencia de Alcaldía que completará a peonalización do barrio de Recatelo


Rubén Arroxo: "Levamos meses traballando en rematar a renovación de Recatelo cun proxecto que avance na creación de novos puntos verdes e a instalación de novo alumeado de baixo consumo"

O Tenente Alcalde e o edil de Infraestruturas mantiveron durante o proceso de elaboración do proxecto múltiples xuntanzas coa veciñanza "para traballar co consenso das veciñas e veciños da zona"

A Xunta de Goberno celebrada hoxe aprobou un investimento de 367.346,38€ para esta actuación, que se realizará unha vez rematen as festas de San Froilán

Aprobouse tamén a contratación das luces de Nadal e San Froilán cun orzamento total de 203.402,21€

Ler novas