Novas

Rubén Arroxo anuncia as novas liñas de bus que achegarán á veciñanza ao Anxo Carro nos partidos do CD Lugo


A Tenencia de Alcaldía facilita buses urbanos para os partidos do CD Lugo co obxectivo de reducir o número de desprazamentos en vehículo privado e eliminar as molestias de buscar aparcamento ao chegar ao pavillón

A liña especial CD Lugo comezará o seu percorrido unha hora antes do inicio do encontro, chegando á instalación co tempo suficiente para a previa do partido

Ler novas

Maite Ferreiro: "Comeza a terceira edición do Lugo Music Festival, unha iniciativa que pon a Lugo no mapa da música a nivel internacional e achega á veciñanza actividades culturais de calidade"


A concelleira de Cultura e o Tenente Alcalde, Rubén Arroxo recibiron esta mañá a Cristian Cavero, director do Coro Internacional A Piacere que realiza en Lugo o seu III encontro coral internacional

A actividade enmárcase dentro do Lucus Music Festival, que comeza hoxe os seus actos abertos ao público cun concerto na praza Anxo Fernández Gómez

Ler novas

Rubén Arroxo e Cristina López inauguran a exposición Mexicráneos, a mostra de arte urbano máis grande de México


A área de Participación, en colaboración co Grupo Albia, achega esta mostra que conta con millóns de visitantes en todo o mundo, despois de pasar polos Estados Unidos ou Francia, coa única parada prevista en Galiza

Cristina López: "Traemos a Lugo a maior exposición de arte urbano de México, tratando a cultura da morte a través de 10 figuras de gran formato"

Ler novas

Lugo lembra a todas as persoas represaliadas polo franquismo no Día da Galiza Mártir


Maite Ferreiro, concelleira de Cultura: "Continuamos a manter viva a memoria das persoas que foron asasinadas por defender os seus dereitos cunha lembranza especial a Rafael de Vega, lucense asasinado durante o franquismo cuxa memoria vén de ser restaurada 88 anos despois"

O Concello de Lugo acordou institucionalizar o día da Galiza Mártir en febreiro de 2020

O acto celebrado hoxe no Vello Cárcere contou coas intervencións de Maite Ferreiro, concelleira de Cultura e Efrén Castro, vicepresidente da Deputación

Ler novas