Novas

O BNG reúnese coa veciñanza de Castelo para esixir á Xunta a mellora da seguridade viaria na estrada da Fonsagrada

As veciñas e veciños trasladaron ao BNG a súa preocupación pola falta na Estrada debido ao intenso tráfico que soporta

O portavoz do BNG en Lugo estivo acompañado pola concelleira Maite Ferreiro e a deputada Montse Valcárcel, que trasladará as reclamacións da veciñanza ao Parlamento

Rubén Arroxo: "Presentaremos unha batería de propostas para instar á Xunta a que pinte pasos de peóns e poña límites de velocidade que melloren a seguridade no barrio"

 

Ler novas

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a III Edición do Lucus Music Festival, o encontro multidisciplinar de eventos musicais

Entre o 19 e o 24 de agosto as rúas de Lugo acollerán ensaios abertos, recitais de novos talentos, concertos cunha gran variedade de estilos, ademais do III Campus-Concurso de Dirección

 

Ferreiro: “Unha decena de actividades gratuítas e abertas ao público xeral que servirán tamén para mostrar o traballo realizado polas cantantes e directores asistentes ao Campus”

Ler novas

O BNG lanzará unha ofensiva institucional para amosar o rexeitamento ao novo modelo imposto pola Xunta co canon de Sogama

A deputada do BNG, Olalla Rodil, xunto co Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, a deputada provincial Iria Castro e a alcaldesa de Samos, María Xesús López, valoraron a nova proposta da Xunta e Sogama

O BNG califica o novo canon de Sogama como "un sistema obsoleto que suporá un sobrecusto aos concellos"

Olalla Rodil lembrou que "o BNG conseguiu a unanimidade da FEGAMP para rexeitar o modelo impulsado polo PP e Sogama"

Rubén Arroxo puxo o exemplo do Concello de Lugo, "onde cada ano facemos un esforzo moi importante para asumir os preto de 20 millóns de euros que supoñen as competencias que a Xunta deixa de lado"

Ler novas

Arroxo: "O PP usa a crispación e a mentira para abandonar a comisión de festas todos os anos"


O alcalde en funcións lembrou que todos os concelleiros teñen acceso á contabilidade do Concello "os servizos municipais poñen a disposición de toda a corporación a documentación necesaria, mais non é o seu traballo realizar informes sobre esta cuestión"

O Goberno de Lugo responde á única petición de acceso á información do San Froilán 2023, rexistrada polo PP o 28 de xuño

Ler novas