O BNG denunciará en Europa o plan de transporte escolar da Xunta para o Courel

Maite Ferreiro, Ana Miranda e Carme Aira na reunión coa Anpa e taxistas do Courel
Maite Ferreiro, Ana Miranda e Carme Aira na reunión coa Anpa e taxistas do Courel

Ana Miranda e Maite Ferreiro reuníronse ese mediodía con representantes da Anpa e taxistas de Folgoso do Courel

O BNG denunciará en Europa o plan de transporte escolar da Xunta para o Courel

Folgoso do Courel, 16 de xaneiro de 2021.- A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro, a portavoz do BNG en Bruselas Ana Miranda, a deputada parlamentaria Carme Aira e a responsable comarcal do BNG, Rosana Prieto, reuníronse este mediodía con representantes da ANPA e de taxistas de Folgoso do Courel, que encabezan as mobilizacións en defensa do actual sistema de transporte escolar do CPI Poeta Uxío Novoneyra.

Na xuntanza, as nacionalistas expuxeron as iniciativas políticas a desenvolver para esixir á Xunta de Galiza o mantemento das rutas e paradas actuais, que garanten as mellores condicións para o alumnado e dan emprego a seis taxistas locais.

A portavoz europea Ana Miranda anunciou que presentará “unha iniciativa na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para denunciar a discriminación causada pola decisión do goberno galego que”, argumentou, “vulnera o dereito á igualdade no acceso á educación ao non ter en conta as condicións específicas das zonas de montaña”.

Miranda considera que “a Unión Europea pode e debe pronunciarse sobre este asunto porque está en cuestión o uso de fondos europeos destinados á mobilidade e porque a licitación das rutas foi publicada no Diario Oficial das Comunidades Europeas”.

Nesa liña, explicou que o plan de transporte da Xunta de Galiza bate de fronte “coa filosofía dos fondos europeos e incumpre a Estratexia Europea para as Zonas de Alta Montaña, que alude especificamente as necesidades específicas de transporte destas zonas e que se reforzará no novo marco financeiro que se está a negociar nestes momentos en Europa”

A vicepresidenta e deputada provincial Maite Ferreiro sinalou “que despois de que as mobilizacions sociais conseguiran paralizar o concurso, compre manter a presión institucional para que a Xunta de Galiza rectifique e presente xa un plan de transporte que atenda ás necesidades do alumnado e manteña os empregos no Courel”. 

O BNG denunciará en Europa o plan de transporte escolar da Xunta para o Courel