á
Novas

A área de Participación e Servizos á Cidadanía comeza a regularización dos postos no mercadiño de Frigsa

Lugo, 13 de agosto de 2019. A concelleira, Cristina López, mantivo unha xuntanza con vendedores que se viñan instalando no aparcadoiro do lateral do auditorio para iniciar a normalización da súa situación

 

No día de hoxe presentaronse, a través do rexistro, unhas vinte solicitudes para solicitar a creación de novos postos no mercadiño de Frigsa despois de que a concelleira, Cristina López, se reunise con representantes de vendedores que carecían das correspondentes autorizacións para a vente no mercado. A Policía Local procedeu, en diversas ocasións, a advertir a estes vendedores da necesidade de legalizar a súa situación e no día de hoxe procedeuse ao desaloxo da zona.

 

A edil do BNG, Cristina López, explicou que se procederá a un remodelación da distribución dos postos para "mellorar a seguridade na zona e para garantir, tamén, a ordenzación dos espazos onde se producen as ventas". Recentemente procedeuse ao pintado dos espazos para os postos que xa contaban coa debida autorización e creararanse novos postos para atender as solicitudes que se presenten. "Trátase de mellorar as condicións e a imaxe deste mercado que se celebra todos os martes e xoves no Parque da Milagrosa" sinalou a  edil Cristina López.

 

A reformas que se farán na ubicación do mercado deixarán a rúa paralela ao Auditorio con unha única fila de vendedores para permitir o paso de vehículos de emerxencia en caso necesario. Tamén se crearán espazos de venta no aparcadoiro do lateral do Auditorio para establecer unha ordenación deste espazo onde se viña desenvolvendo un mercadiño paralelo non regularizado. Cristina Ferreiro sinalou "imos darlle a máxima axilidade á tramitación dos permisos solicitados por aquelas persoas que presenten a corresponde documentación e cumplan cos requisitos necesarios para exercer a venta no mercado".

Ler novas