O BNG denuncia o perigo existente nas inmediacións da Fábrica da Luz e pide o acondicionamento do entorno
“Pediremos o acondicionamento o entorno da Fabrica da Luz e que se devolva ás veciñas e veciños de Lugo o antes posible” anunciou Arroxo
“Pediremos o acondicionamento o entorno da Fabrica da Luz e que se devolva ás veciñas e veciños de Lugo o antes posible” anunciou Arroxo
Segundo o voceiro do BNG “o problema dos vertedoiros súmase á suciedade acumulada nas beiras a av. Duquesa de Lugo e ao vertido de augas fecais no río Rato”
“As baixas e xubilacións de persoal municipal que o goberno se nega a cubrir seguen causando un deterioro dos servizos prestados polo concello” dixo Maite Ferreiro
“A pesar da cantidade de xente que está desempregada, este goberno non cubre as baixas deixando os servizos descubertos pola súa ineficiencia” dixo Maite Ferreiro
Maite Ferreiro explicou que “o goberno non foi capaz de cubrir a baixa dunha das traballadoras sociais do concello, cando a baixa estaba prevista e é de longa duración”
Lugo, 31 de xullo 2017. O BNG denuncia publicamente que por causas dunha nefasta xestión política o concello pode perder 776.255,47 € dunha subvención adxudicada polo INEGA, baixo o procedemento de “proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipos de xeración con biomasa”, que foi publicada no DOG o pasado 22 de decembro do 2016. O Concello de Lugo, que solicitou esta subvención para levar a cabo nas instalacións deportivas do Parque da Milagrosa, e que permitirían un aforro importante a nivel económico na xeración de calor para quentar a auga das piscinas e das instalacións colindantes, pode estar a un paso de perdela. Rubén Arroxo informou que na situación actual é case imposible que se poida levar a cabo, dado que o 30 de setembro tería que estar xustificada a compra das caldeiras e o 15 de outubro a instalación da rede, e a día de hoxe nin tan se queira se sacaron a licitación, tendo en conta os prazos que un procedemento de licitación aberta coma este leva consigo. O concelleiro nacionalista afirmou que “se finalmente non se consegue executar, sería dunha xestión política nefasta, posto que o Concello de Lugo non só perdería unha subvención desta cuantía, senón que ademais seguiría a ter uns gastos nas instalacións deportivas que se poderían minimizar”.
O BNG considera que se o goberno municipal non é quen de solucionar isto, atopariámonos nunha das actuacións máis desastrosas do executivo local. Rubén Arroxo chamou ao concello local a “poñerse as pilas no asunto de forma urxente” para evitar que Lugo perda eses case 800.000 € “isto é sinónimo de que o concello funciona a salto de mata, non só non hai proxecto de concello, senón que ata se desfai o que che dan na práctica feito”
Expediente de crédito. Unha das causas do retraso é a aprobación de crédito para poder levar adiante este proxecto. No pleno de xuño aprobáronse 258.752€ para a parte que lle corresponde ao concello, mais o goberno municipal xa debería ser consciente de que habería un período de alegacións, as cales foron presentadas, polo que poden retrasar a aprobación definitiva ao pleno ordinario do 28 de setembro, a non ser que se convoque un pleno extraordinario, situación esta que imposibilitaría de facto toda posibilidade de execución. O portavoz do BNG entende que ante unha situación coma esta, e tendo en conta que o goberno municipal era coñecedor dende o 22 de decembro da aprobación de dita subvención, podería ter levado un expediente de crédito ao pleno nos primeiros meses de ano para sacar este proxecto adiante con garantías. O portavoz do BNG afirmou “é unha neglixencia política que non se intenten iniciar as negociacións dos orzamentos ata maio, e non resolvan isto con tempo necesario”
O voceiro do BNG-AA sinalou que “en algo máis de 2 anos de funcionamento xa houbo 3 fugas e as augas fecais incluso chegaron ás portas dalgunha vivenda”
A esta merma hai que sumar a perda de ingresos do estado que sufriu Castroverde que foi de 226.000 € dende o exercicio do ano 2016
“Non sabemos se o goberno municipal estaba ao tanto desta modificación do trazado que, entendemos, ven imposta dende a Xunta” dixo Rubén Arroxo