O BNG presenta a candidatura en Rábade, encabezada por Iván Sangiao
Iván Sangiao: “Potenciaremos a actividade social, mellorando os espazos cos que contamos e promovendo a creación en lugares sen uso”
Iván Sangiao: “Potenciaremos a actividade social, mellorando os espazos cos que contamos e promovendo a creación en lugares sen uso”
Con esta aplicación para dispositivos móbiles, calquera persoa poderá achegar ideas e propostas para o programa de goberno
O BNG busca que Lugo se sume á proposta que o Concello de Pontevedra lle transmitiu á FEGAMP
“Non queremos que ao noso Concello se poidan achegar este tipo de individuos que se dedican a abusar e incluso a violar mulleres” afirmou Maite Ferreiro
Lugo, 26 de xuño de 2018. O BNG de Lugo súmase á iniciativa do Concello de Pontevedra e levará ao vindeiro pleno municipal unha declaración institucional na que busca o apoio do resto de grupos para declarar aos membros da Manada como “persoas non gratas” no noso municipio. Este luns o Concello de Pontevedra trasladaba esta proposta á Federación Galega de Municipios e Provincias co fin de que todas as localidades levasen adiante esta declaración. A concelleira nacionalista, Maite Ferreiro, trasladou ao resto de grupos esta proposta facendo fincapé na necesidade de amosar un rexeitamento contundente dende as institucións a este tipo de actitudes machistas “non queremos que ao noso Concello se poidan achegar este tipo de individuos que se dedican a abusar e incluso a violar mulleres” afirmou a edil, lamentando que a xustiza deixe na rúa a unhas persoas que son claramente reincidentes e sen cumprir a súa pena.
A Ordenanza, presentada por Rubén Arroxo, recolle a prohibición de que se circule e estacionen coches oficiais, que unicamente transporten autoridades, nas zonas peonís
Con esta proposta o BNG-AA fai unha emenda á totalidade da Ordenanza Cívica presentada recentemente pola alcaldesa e que PP e Cidadáns están dispostos a aprobar
Lugo, 8 de maio de 2018. Rubén Arroxo anunciou que o BNG-AA presentará este documento como unha emenda á totalidade da Ordenanza de Civismo presentada pola Alcaldesa, na vindeira mesa de ordenanzas. O modelo de Ordenanza Cívica para Cargos Públicos presentado polo BNG-AA recolle un total de 59 artigos que recollen obrigas e prohibicións a respecto das responsabilidades dos cargos públicos do concello de Lugo e doutras administracións. Rubén Arroxo sinalou que “o goberno municipal pretende criminalizar á veciñanza, pero nos lembramos que os cargos públicos teñen a súa responsabilidade”.
Na Ordenanza proposta polo BNG, que será emenda á proposta polo Goberno Municipal, proponse que en vez de aplicar sancións polo estacionamento indebido, os cargos públicos tomen medidas para crear as necesarias prazas de aparcamento e ordenar as existentes. “En vez de criminalizar a pobreza ou a quen exerce a prostitución débense aplicar políticas para que axudar ás persoas a saír desa situación” explicou Arroxo e sinalou “sancionase a quen fai a súas necesidade fisiolóxicas no espazo público, pero mantéñense pechados os baños públicos de varias prazas da cidade dende fai moitos anos”.
“A Ordenanza Municipal propón sancións para as nenas e nenos que xogan na rúa nós queremos que se creen espazos seguros para o ocio infantil e entendemos que os cargos públicos teñen a obriga de atender esta necesidade” afirmou Arroxo. Nos 59 artigos desta ordenanza presentada polo BNG-AA recóllense obrigas, prohibicións e boas prácticas para cargos públicos.
O coche da alcaldesa non poderá aparcar nin circular por zona peonís
Entre as prohibicións recollidas está o estacionamento de vehículos oficiais en zonas peonís cando estes sexan para o uso do desprazamento de cargos públicos, e persoas con responsabilidades de xestión e goberno do Concello de Lugo ou de calquera outra administración. Rubén Arroxo puxo como exemplo a xestión da mobilidade na cidade de Pontevedra onde o alcalde foi o primeiro en dar exemplo ao resto de veciños e veciñas á hora de respectar as zona peonís.
Lugo, 10 de agosto de 2017. O grupo parlamentar do BNG, a través da súa viceportavoz e deputada pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, presenta unha proposición non de lei co fin de instar á Xunta de Galiza a realizar un plan orzamentado que interveña a igrexa de San Salvador de Soutomerille e toda a súa contorna, onde se atopa diferentes elementos algúns deles catalogados como Ben de Interese Cultural (BIC) como son a Torre de Arriba e a Torre de Abaixo, e que seguen no esquecemento institucional “O estado de abandono dun lugar como Soutomerille, en pleno Camiño Primitivo e no que se atopan dous Bens de Interese Cultural (A Torre de Arriba e a Torre de Abaixo, cuxa catalogación como BIC data de 1994) é inadmisíbel”, afirmou Olalla Rodil. Por iso, engade, “reclamaremos á Xunta que desenvolva un plan de actuación con orzamento suficiente para recuperar e pór en valor este espazo no que se atopan tamén unha igrexa prerrománica, a de San Salvador, e castiñeiros tricentenarios” ao redor do
adro e nas proximidades do castro, a Croa de Soutomerille. Soutomerille é un lugar privilexiado, por onde pasa o Camiño Primitivo, cunha paisaxe cuberta por carballos e castiñeiros con centos de anos, e con un patrimonio importantísimo e único, como é o estilo visigótico da propia igrexa ou o que se considera o cemiterio máis pequeno de Galiza.
O BNG lembra que o Goberno bipartito prevía desenvolver un plan de recuperación e posta en valor deste lugar, mais coa chegada do Partido Popular á Xunta de Galiza en 2009 “todo quedou paralizado e aínda que os valos continúan alí, anos despois, para sorpresa de quen visita Soutomerille”. As demandas que traslada o BNG ao Parlamento recollen as denuncias públicas desenvolvidas en múltiples ocasións desde a asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde que leva anos reclamando actuacións por parte do Goberno galego para recuperar os inmóbeis e a igrexa de Soutomerille.
Desde o BNG lembran que o Camiño Primitivo foi declarado Patrimonio da Humanidade e a propia Xunta promove a través de Turgalicia a visita a Soutomerille na etapa que transcorre polo Concello de Castroverde, “non se entende entón o abandono no que se atopa este lugar senón é polo desleixo do goberno”. Soutomerille acolle tamén un cemiterio considerado o máis pequeno de Galiza con apenas 9 nichos ocupados.
O BNG aposta polo acondicionamento deste tramo e pola futura adecuación da vía ferroviaria, cando quede fora de uso, como senda verde