SORPRESA NO BNG POLO ACOSO SUFRIDO NAS ÚLTIMAS SEMANAS

SORPRESA NO BNG POLO ACOSO SUFRIDO NAS ÚLTIMAS SEMANAS

cartacesA pasada semana a Consellería de Educación suspendeu a presentación dun libro no IES da Piringalla e onte a policía local identificou a dous mozos de Galiza Nova que estaban a pegar carteis da asamblea aberta do BNG 

O BNG presentará unha serie de preguntas para aclarar as razóns polas que a Polícia Local identificou a dous mozos de Galiza Nova

Lugo, 23 de setembro 2014. A voceira municipal do BNG no concello de Lugo manifestou hoxe a súa sospresa e preocupación polo que está acontencendo nos últimos días. Abraira explicou que a pasada semana a Consellería de Educación suspendeu a presentación dun libro no IES da Piringalla e onte a policía local identificou a dous mozos de Galiza Nova que estaban a pegar carteis da asamblea aberta do BNG. Para o BNG “non é normal que se identifique a dous mozos de Galiza Nova que estaban colocando carteis para anunciar unha asamblea organizada polo BNG, unha asamblea aberta na que se pretende que os cidadáns opinen e participen na actividade política da cidade.”

Paz Abraira sinalou que “vemos como nas entradas da cidade existen anuncios nos que se ofrecen como mercadoría os corpos das mulleres e non acontece absolutamente nada mentres xente do BNG é identificada por anunciar un acto político”. “Coas actuacións represivas destas dúas semanas vese claramente cal é a bara de medir do PP e do PSOE que recortan liberdades día si e día tamén” afirmou Paz Abraira.

Os nacionalistas presentarán unha serie de preguntas para aclarar as razóns polas que a Polícia Local identificou a dous mozos de Galiza Nova. En primeiro lugar solicitarán información para saber se existe un informe sobre esta actuación policial e para coñecer cal é o contido do mesmo. Ademais o BNG tamén preguntarán sobre o número total de persoas que  identificou a policía local no último ano por pegar cartaces. Os nacionalistas queren saber al é a razón pola que foron identificados estes mozos cando pegaban cartaces de caracter político e se recibiron, os axentes actuantes, orde dalgún superior ou de algún responsable político para proceder ás identificacións.

SORPRESA NO BNG POLO ACOSO SUFRIDO NAS ÚLTIMAS SEMANAS