RUBÉN ARROXO E ALEXANDRE PENAS ACHEGÁRONSE ATA A ZONA, ONDE SE ESTÁN A COMPLETAR OS TRABALLOS DE CONSTRUCCIÓN DUN SEGUNDO CARRIL DE CIRCULACIÓN E DA BEIRARRÚA

A Tenencia de Alcaldía participa na urbanización de Angelo Colocci, completando o desenvolvemento da rúa Avetarda

Rubén Arroxo e Alexandre Penas achegáronse ata a zona, onde se están a completar os traballos de construcción dun segundo carril de circulación e da beirarrúa

Arroxo: "Continuamos a traballar na mellora do barrio da Piringalla"

A Tenencia de Alcaldía participa na urbanización de Angelo Colocci, completando o desenvolvemento da rúa Avetarda




Lugo, 29 de abril de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron a rúa Angelo Colocci, onde a área de Infraestruturas está a participar na urbanización do solar ubicado na unión coa rúa Avetarda. A concellería de Infraestruturas realiza a urbanización da rúa Túnel de Oural, que actualmente conta cun só carril de circulación, construíndo o segundo carril e a súa beirarrúa. Rubén Arroxo afirmou que "continuamos a traballar na mellora do barrio da Piringalla, garantindo a seguridade viaria e a accesibilidade".

Nos últimos anos, a Tenencia de Alcaldía rematou a construcción da beirarrúa da rúa Avetarda, no treito xa construído, e modificou a mediana de Ángelo Colocci xerando máis prazas de estacionamento, "atendendo a peticións veciñais e permitindo ás veciñas e veciños da zona unha mellor accesibilidade e comodidade".

Con esta actuación, a Tenencia de Alcaldía completa a mellora da rúa Avetarda, mellorando tamén a imaxe do barrio. "seguimos a planificar o traballo nas distintas zonas atendendo ás peticións veciñais", afirmou Rubén Arroxo, que engadiu "a mellora dos barrios e das zonas periurbanas é un dos principais piares para o traballo da concellería de Mobilidade".

A Tenencia de Alcaldía participa na urbanización de Angelo Colocci, completando o desenvolvemento da rúa Avetarda