ARROXO: "A XUNTA LEVA 28 ANOS CASTIGANDO A LUGO CO PLAN PARADAI, QUE XA TIÑA QUE ESTAR REMATADO"
Rubén Arroxo: "Imos seguir insistindo para que a Xunta remate o Plan Paradai coa renovación da Calzada das Gándaras"
Arroxo: "A Xunta leva 28 anos castigando a Lugo co Plan Paradai, que xa tiña que estar rematado"
Lugo, 15 de xuño de 2026. O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, afirmou que o BNG seguirá traballando para que o Plan Paradai inclúa a renovación da Calzada das Gándaras, "unha vía clave que conecta o polígono industrial co barrio das Gándaras e que actualmente queda fóra da licitación da rúa Serra de Meira", dixo Arroxo. O edil do BNG lembrou que “a Xunta leva 28 anos castigando a Lugo co Plan Paradai, que xa tiña que estar completado hai case tres décadas”. Neste sentido, lembrou que o BNG leva anos denunciando o abandono do Partido Popular coa cidade, especialmente no que respecta ás infraestruturas incluídas neste plan.
O portavoz do BNG criticou que Lugo tivese que agardar tres décadas para que se licitase a obra da rúa Serra de Meira, e lembrou que isto non resolve todas as necesidades pendentes. “Dúas das rúas que están en peor estado da cidade, como son Serra de Meira e a Calzada das Gándaras, dependen directamente do Plan Paradai”, explicou.
Rubén Arroxo afirmou que o BNG seguirá reclamando á Xunta a licitación da Calzada das Gándaras, subliñando o seu mal estado actual despois de décadas de abandono, e afirmou que "é unha actuación urxente que non pode seguir demorándose”.
Para o BNG, a Xunta segue a restar importancia aos investimentos en Lugo, e puxo como exemplo as declaracións de Elena Candia "renegando desta importante actuación nada máis chegar a Lugo". "O resultado deste abandono é un trazado deteriorado, cun firme cheo de fochancas o que produce non só un problema na seguridade viaria, senon unha merma da boa imaxe da cidade", explicou Rubén Arroxo.