da
Novas

Iria Buide: "O PP continúa a reducir a programación cultural da cidade, este é o primeiro verán en moitos anos que non conta co festival Versos na Barraca"

A edil do BNG destacou que esta era "unha actividade xa consolidada" no calendario cultural do verán "que leva convertendo a Lugo no centro da poesía galega desde a primeira edición no 2020"

Nas distintas edicións de Versos na Barraca, a Mosqueira foi o escenario de máis de 50 poetas como Antón Reixa, Yolanda Castaño, Antía Otero ou Lois Pérez
Ler novas
Novas

O BNG pide "superar a parálise" do proxecto de aparcadoiro da Xunta en Fontiñas

Arroxo: "Pasaron máis de 3 anos desde que Rueda anunciou a construcción dese aparcadoiro sen que se dese ningún paso"

O portavoz do BNG afirmou que "a Xunta malgastou un millón de euros en construir un aparcadoiro nunha zona con moito espazo para aparcar", e lembrou a proposta do BNG para crear máis de 100 prazas no cruce da rúa Primavera con carril das Hortas e carril das Flores

 
Ler novas
Novas

O PP rexeita a proposición do BNG para a axilización da rehabilitación do Pazo de Dona Urraca

Rubén Arroxo defendeu a proposta do BNG para axilizar a obra da Tinería, "unha rehabilitación que no 2009 estaba lista para iniciarse e que aínda se vai retrasar 3 anos máis"

"Cada ano a veciñanza de Nadela teme que despois do peche no verán o centro de saúde non volva abrir, desde o BNG traballaremos para que a Xunta garanta a atención primaria neste centro de saúde", afirmou a edil Cristina López na defensa da proposición para a reapertura do Centro de saúde de Nadela

O BNG preguntou pola pasarela do Parque de Rosalía e a rehabilitación da unión de Montero Ríos co Carril das Flores, dous proxectos elaborados polo anterior goberno e reclamou a continuidade do plan de mellora das contornas escolares

 
Ler novas
Novas

Iria Buide: "O sistema de climatización da Escola Gregorio Sanz estaba listo para funcionar o ano pasado, o persoal da escola non aceptou o seu uso malia estar aprobados pola inspección educativa"

A edil do BNG lembrou que o orzamento municipal gardou unha partida orzamentaria de 24.000€ para a climatización da escola "cun sistema que fose aceptado polo persoal do centro"

Buide criticou que "o material que o ano pasado, co BNG gobernando, era inseguro, agora se vai utilizar sen ningún tipo de problema"

 
Ler novas